Quintana destaca o valor das feiras como Xantar para difundir a calidade dos produtos do mar de Galicia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu o acto central do Día do Mar no 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu o acto central do Día do Mar no 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Ourense o valor das feiras internacionais para difundir a calidade dos produtos do mar de Galicia e “adiantar posicións nos mercados nacionais e foráneos”. Neste sentido, sinalou que Galicia terá unha presenza relevante en máis dunha ducia de feiras internacionais, en lugares como Bremen, Boston ou París.

Así o sinalou durante o acto central do Día do Mar no 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, onde estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. Alí tamén puxo de relevo o compromiso da Xunta para “poñer as ferramentas dispoñibles de cara a fomentar a organización de feiras como Xantar”.

Unha Galicia mariñeira, sinalou, que se traduce “nos case 500 millóns de euros de facturación que supuxeron a venda de peixe e marisco fresco en 2016 e que se superarán en 2017; nos 200 millóns de euros facturados pola actividade acuícola e nos 7.000 millóns de euros xerados pola industria transformadora e comercializadora dos produtos do mar”.

Neste sentido, definiu Xantar como punto de encontro da Galicia mariñeira “coa promoción gastronómica e o fomento dos recursos turísticos da nosa rexión e cos consumidores e os empresarios”. Unha Galicia mariñeira, sinalou, que se traduce “nos case 500 millóns de euros de facturación que supuxeron a venda de peixe e marisco fresco en 2016 e que se superarán en 2017; nos 200 millóns de euros facturados pola actividade acuícola e nos 7.000 millóns de euros xerados pola industria transformadora e comercializadora dos produtos do mar”.

Ademais a titular de mar enxalzou e agradeceu á cidade de Ourense, aos profesionais de Xantar e a Expourense o seu “traballo colaborativo nesta feira, centrado en dar a coñecer os nosos produtos e en dar visibilidade á nosa oferta gastronómica a través do turismo”. Esta oferta, subliñou a conselleira, “reúne tradición e autenticidade, calidade, orixe, frescura e confianza”, unhas características, explicou, que se poderán comprobar nas degustacións que se ofrecen no posto que a Consellería do Mar ten na feira.

EN XANTAR

A Consellería do Mar está presente neste Salón Galego de Gastronomía e Turismo a través dun posto de 60m2. No marco da feira a Consellería ofrece diferentes degustacións de receitas elaboradas con produtos do mar. Así, hai degustacións con produtos do selo de calidade pescadeRías, como a lamprea, a vieira faneca ou o polbo.
Tamén de mexillón de Galicia, onde son protagonistas as campañas O noso, con selo e Namórate dun galego, en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. Outras degustacións son as de bonito do Norte, no marco da campaña Aquí facémolo bonito, en colaboración con ABSA, Armadores de Burela, e as conservas en lata, coa presentación da campaña Cata a lata, en colaboración con Anfaco-Cecopesca.

A feira conta unha superficie de 12.000 metros cadrados cubertos que albergan 270 expositores, un 16% máis que na última edición. Os seus obxectivos son, entre outros, exaltar as festas gastronómicas, especialmente as de Interese Turístico, exaltar as materias primas coas que elaboran os seus menús e fomentar a súa calidade, fomentar a cooperación internacional creando redes culinarias sostibles en base á participación dos países invitados. Este ano o país invitado é Portugal.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada