Inicio de actividade o contratación indefinida de traballadores por autónomos, subvencionadas pola Xunta con 16 millóns de euros

O ano pasado destinaronse máis de 690.000 euros na comarca de Pontevedra, Bueu e Marín

Feijóo anunció una bajada de impuestos es la línea que siguió en estos últimos años y seguirá el Gobierno gallego y subraya que la economía “se está poniendo en situación de que podamos hacer revisiones de nuestra política fiscal nos próximos ejercicios. ARCHIVO.

Feijóo anunciou unha baixada de impostos que seguiu nestes últimos anos e seguirá o Goberno galego e subliñou que a economía “se está a poñer en situación de que poidamos facer revisións da nosa política fiscal nos próximos exercicios. ARCHIVO.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou hoxe as dúas novas liñas de apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinadas a autónomos e nas que o Goberno autonómico investirá preto de 16 millóns de euros.

 Tal e como explicou Cores Tourís, trátase, por un lado, de axudas por valor de 14,6 millóns para impulsar o inicio da actividade, coas que se prevé beneficiar a 4.100 autónomos; e, por outro, subvencións destinadas a favorecer a contratación indefinida de traballadores en 190 empresas de autónomos, para as que se dedican 1,35 millóns.

O ano pasado, este tivo de incentivos permitiu destinar axudas a 279 autónomos da comarca de Pontevedra, Marín e Bueu por un montante total de 690.434 euros. Na provincia foron 4,7 os millóns destinados a un total de 2.039 autónomos.

O Goberno galego vén de publicar no DOG os apoios para impulsar o emprego autónomo e para contratar de forma indefinida ao primeiro, segundo e terceiro traballador nos que investirá 16 millóns de euros 

Os incentivos para a promoción do emprego autónomo teñen por obxectivo facilitar e axilizar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais. O prazo de solicitude xa está aberto e rematará o próximo 1 de outubro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará a cada autónomo con 2000 euros, unha cantidade que se duplicará ata os 4000 euros para os menores de 30 anos, os parados de longa duración e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Estas contías, segundo sexa o caso, incrementaranse nun 25% para as mulleres, emigrantes retornados, maiores de 45 anos ou no caso de que a empresa estea emprazada no rural. Deste xeito, as axudas neste programa oscilarán entre os 2000 e 8000 euros.

Financiaranse tamén as altas na Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional que se formalicen entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive.

O segundo dos programas está destinado a apoiar a contratación indefinida do primeiro, segundo e terceiro traballador en empresas de traballadores por conta propia. O prazo de solicitude tamén está xa aberto e rematará dependendo da data de contratación, segundo  se especifica nas bases da convocatoria do DOG. Para a primeira contratación, concederanse axudas de 3000 euros, cando se trate dunha persoa sen emprego, que aumentará ata os 5000 euros para parados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. No caso do segundo e terceiro traballador, a contía será de 5000 euros para os desempregados en xeral, que se incrementará ata os 7000 euros para os mesmos colectivos -parados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social-.

En todos os casos, e, ao igual que no primeiro dos programas, as axudas aumentarán nun 25% para as mulleres, emigrantes retornados, maiores de 45 anos e no caso de que a compañía estea ubicada nun concello do rural. Deste xeito, os apoios oscilarán entre os 3000 e 14.000 euros.

A principal novidade dos dous programas é o establecemento dunha maior contía nas axudas tanto para os parados de longa duración como para as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

En xeral, son axudas para impulsar o autoemprego en Galicia e apoiar a súa consolidación propiciando a creación de empresas e, polo tanto, mellorando a economía e reducindo as cifras de desemprego. Esta actuación enmárcase na Estratexia Autónomo 2020, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar e consolidar o traballo por conta propia de 10.000 autónomos ao ano, orientándoo ás novas necesidades do mercado de traballo, como é a Industria 4.0.

Esta planificación conta en 2018, ao igual que en 2017, con 40 millóns de euros para seguir poñendo en marcha as axudas que se impulsaron por primeira vez este ano, como foron o Bono Autónomo ou a axuda que permite ampliar en 16 semanas a bonificación do Estado para a contratación do traballador que se atope cubrindo a baixa por maternidade ou paternidade.

Este ano, ademais, sumaranse novos programas para fomentar o relevo xeracional e para facilitar unha segunda oportunidade co fin de apoiar aos autónomos no inicio dunha nova actividade ou reemprender. O obxectivo final é que Galicia siga sendo unha terra de oportunidades e o mellor lugar para emprender.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada