A Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitou en 2017 actuacións por valor de máis de 104 millóns de euros, un 57 % máis que no ano anterior

A conselleira, Ethel Vázquez, indica que estas cifras significan a mellora das infraestruturas e o avance na vertebración, pero tamén o efecto multiplicador da licitación pública, xa que ese investimento mobiliza máis de 2.500 empregos directos e outros mil indirectos.

A conselleira, Ethel Vázquez, indica que estas cifras significan a mellora das infraestruturas e o avance na vertebración, pero tamén o efecto multiplicador da licitación pública, xa que ese investimento mobiliza máis de 2.500 empregos directos e outros mil indirectos.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe no Parlamento de Galicia que o seu departamento licitou no ano 2017 actuacións por máis de 104 millóns de euros, un 57 % máis que no ano anterior. Precisou que isto supón que esta consellería foi responsable de case unha quinta parte da licitación de obras do conxunto das Administracións en Galicia.

Vázquez Mourelle explicou que estas cifras significan a mellora das infraestruturas do país e o avance na súa vertebración, pero tamén o efecto multiplicador da licitación pública, xa que eses 104 M € de investimento supoñen a mobilización de máis de 2.500 empregos directos e outros mil indirectos.

A Xunta de Galicia foi en 2017 o principal organismo público de Galicia en licitación de obras, destacando a Axencia Galega de Infraestruturas como principal organismo de contratación con máis de 80 M €.

A Xunta de Galicia foi en 2017 o principal organismo público de Galicia en licitación de obras, destacando a Axencia Galega de Infraestruturas como principal organismo de contratación con máis de 80 M €.

A conselleira fixo fincapé en que os Orzamentos da Xunta priorizan as políticas sociais, que invisten con criterios de eficiencia, promovendo infraestruturas socialmente rendibles como centros de saúde ou sendas peonís e ciclistas, e planificados segundo criterios de equilibrio territorial.

Destacou que a execución dos investimentos reais en Galicia está por riba de comunidades como o País Vasco e de Cataluña, superando con moito a media estatal. Citou como exemplo que no caso concreto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda esa execución do capítulo de investimentos no ano 2017 se eleva a preto do 90%.

SEGUIMENTO

A responsable de Infraestruturas indicou que “ninguén ten feito tanto para garantir os investimentos do Estado en Galicia como este Goberno”. Neste sentido, puntualizou que co obxectivo de sistematizar ese traballo de seguimento, a Xunta semanalmente analiza e fai un seguimento exhaustivo da actividade da Administración Xeral do Estado na comunidade.

Concretou que o Goberno galego leva feito un intenso traballo no camiño de garantir que os Orzamentos do Estado ano 2018 recollan partidas para blindar a chegada da conexión por Alta Velocidade Ferroviaria coa Meseta para o ano 2019, a mellora do FFCC entre A Coruña e Ferrol ou novos avances nas autovías pendentes en Galicia.

Sinalou que a Xunta está en continuo contacto coa Administración estatal, tendo a mostra máis recente en que onte mesmo se propuxeron melloras específicas para a comunicación por ferrocarril entre Coruña e Ferrol. Así, este diálogo permanente xa posibilitou un calendario sobre a chegada do AVE a Galicia, que están a cumplir; ou unha comisión de seguimento que permitiu que, por primeira vez, a Xunta teña voz na xestión da AP-9.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada