Un total de 21 empresas presentan as súas ofertas para a construción da depuradora de auga potable da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

El alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, durante la primera piedra de la Plisam en 2005.

Un total de 21 presentaron as súas ofertas para a construción da estación de tratamento de augas potables e a súa correspondente captación para a Plataforma loxística de Miño-As Neves (Plisan).

As obras desta infraestruturas licitáronse por preto de 6,3 millóns de euros, que serán achegados polos tres membros do condominio da Plisan en función da súa participación no mesmo: Autoridade Portuaria de Vigo: 60,580 %; a Xunta: 18,295 % e o Consorcio da Zona Franca de Vigo: 21,125 %.

Neste momento, na Plisan están rematadas as obras dos sistemas xerais, nas que se investiron preto de 11 millóns de euros, e xa está en marcha a redacción do proxecto e construción da estación depuradora de augas residuais, por importe de máis de 3,1 millóns de euros.

A actuación inclúe a construción da depuradora, os accesos á mesma, colectores de entrada e saída, acometida eléctrica e outros traballos necesarios para a posta en marcha da mesma, así como o mantemento das instalacións durante os tres primeiros anos.

Por outra parte, o Consorcio da Zona Franca de Vigo xa está en proceso de adxudicación das obras de urbanización da zona loxístico empresarial, por un importe que superará os 10,4 millóns de euros, achegados polos tres organismos que compoñen o condominio.

Está previsto convocar proximamente o concurso público de venda de solo empresarial na Plisan, fixándose un prezo de 50 euros por metro cadrado para os primeiros 100.000 metros cadrados que se adxudiquen. Os interesados tamén poderán optar á adxudicación de solo en dereito de superficie, co pago de un canon anual reducido e o dereito de adquisición do solo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1