‘Fazer Caminho’, Portugal E Galicia pola xestión conxunta do Camiño de Santiago

La directora de Turismo de Galicia y el delegado territorial en Vigo presentaron el mojón oficial que la Xunta de Galicia colocará en cada uno de los ayuntamientos que atraviesa esta recen oficializado Camino de Santiago.

La directora de Turismo de Galicia y el delegado territorial en Vigo presentaron el mojón oficial que la Xunta de Galicia colocará en cada uno de los ayuntamientos que atraviesa esta recen oficializado Camino de Santiago. ARCHIVO.

Os vínculos en materia turística entre Galicia e o norte de Portugal non deixan de aumentar. Aos diversos proxectos xa en marcha súmase agora Fazer Caminho, candidatura que aspira ao financiamento do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). Co fin de avanzar na definición dos obxectivos comúns, Turismo de Galicia asistiu esta semana a unha reunión na que participaron distintas entidades implicadas, entre elas Turismo Porto e Norte de Portugal.

O obxectivo principal de Fazer Caminho é consolidar as rutas do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo capaz de xerar actividades turísticas e económicas que contribúan ao desenvolvemento socioeconómico deste territorio.

Contribuirase así a protexer e valorizar este importante recurso como sinal de identidade, o que leva aparellado o fomento da cooperación na súa protección e promoción, entre outros fins. No marco do proxecto Fazer Caminho, aspírase á mellora das condicións para a xestión conxunta e a afluencia do Camiño de Santiago, ao incremento e mellora do coñecemento sobre o mesmo ou a unha maior implicación da poboación local na súa conservación.

O Goberno galego, que mantén proxectos en distintos eidos en materia turística co país veciño, reuniuse esta semana no marco de ‘Fazer Caminho’, candidatura que aspira a financiamento europeo para impulsar o seu desenvolvemento sustentable

Os habitantes dos territorios por onde discorren os itinerarios xacobeos desta Eurorrexión serían os principais beneficiarios desta candidatura, pois afondar na ordenación da súa actividade redundará na mellora da calidade de vida e no desenvolvemento socioeconómico.

EUROREXIÓN

Esta candidatura encaixa nos obxectivos plasmados no Plan director do Camiño de Santiago no que a Xunta de Galicia traballa desde 2015 coa vista posta no Xacobeo 2021. Esta folla de ruta ten entre as súas liñas estratéxicas a protección de todas as rutas de peregrinación e precisamente dedica 2018 ao Camiño Portugués e ao Camiño Portugués da Costa.

En paralelo a Fazer Caminho, Turismo de Galicia está implicado noutros proxectos co país luso como o proxecto Gerês-Xurés Dinámico, xa aprobado no marco do POCTEP. Tamén colabora a través da Macrorrexión de Rexións do Sudoeste Europeo (RESOE), na que se atopan, xunto a Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Norte e Centro de Portugal.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada