Percorrerán as rúas na noitiña do venres animando o ambiente antes da celebración do desfile de disfraces do sábado da Piñata

O Venres de Gárgolas, baseado nunha figura alegórica de nova creación

celanovaO próximo venres, 16 de Febreiro celébrase por primeira vez ‘O venres de Gárgolas’, unha actividade organizada dende o Obradoiro de Emprego Novicrea 4.0 que tenta potenciar a imaxe da Gárgola como figura do Entroido celanovés.

Trata de conseguir que ó igual que tén acontecido noutros lugares nos que non existe unha máscara tradicional, a poboación sexa quen de asumir como propia unha figura alegórica de nova creación, pero que se atopa íntimamente ligada ó patrimonio monumental de Celanova

As Gárgolas percorrerán as rúas na noitiña do venres animando o ambiente antes da celebración do desfile de disfraces do sábado da Piñata, que nos últimos anos ten conseguido unha importante capacidade de convocatoria por parte de colectivos de disfraces que se achegan a Celanova dende outros lugares da provincia e incluso de provincias veciñas e que serve para poñerlle o ramo cada ano ó Entroido de Ourense.

O obxectivo desta actividade é a aplicación de traballos prácticos dos alumnos do Obradoiro Novicrea 4.0, especialmente nos módulos de Marketing e Comunicación e de Audiovisual e Multimedia, e tén servido para axudar a promocionar a actividade entre os comerciantes e veciños de Celanova, tratando de conseguir que ó igual que tén acontecido noutros lugares nos que non existe unha máscara tradicional, a poboación sexa quen de asumir como propia unha figura alegórica de nova creación, pero que se atopa íntimamente ligada ó patrimonio monumental de Celanova, xa que a mesma está inspirada nas gárgolas e nos medallóns alegóricos que adornan e serven de aliviadeiro nas catro fachadas do Claustro Barroco do mosteiro celanovés.

Para levar a cabo esta actividade, o Obradoiro contou, ademais das caretas que son propiedade do Concello, e que se atopan expostas ó longo do ano na oficina de turismo municipal, cas que son propiedade do Colexio Sagrado Corazón de Celanova, que serviron de inspiración para o diseño e creación de novas máscaras coas que percorrerán este venres 16 o centro da vila de Celanova.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
3