As pemes e autónomos poden inscribirse xa no programa Responsabilízate para a implantación da RSE na súa xestión

Craftsman Browsing Laptop Connection Technology ConceptAs pequenas e medianas empresas e os autónomos con traballadores a cargo xa poden presentar a súa solicitude para participar na segunda edición do programa da Xunta Responsabilízate co que se impulsa a implantación da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) no tecido empresarial galego mediante un servizo de titorización o acompañamento.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as bases da convocatoria desta actuación. O prazo de inscrición estará aberto ata que se complete o número de prazas máximo que se ofertan este ano. A previsión é que poidan participar como máximo 130 empresas. Na primeira edición desta iniciativa, posta en marcha o pasado ano, tomaron parte 127 pemes e autónomos.

A través de Responsabilízate ofrécese aos participantes unha diagnose ou análise do estado e potencial da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) para o que se utiliza a plataforma software Xunta Pro-RSE. Deste xeito, avalíase a situación de cada empresa desde o punto de vista da RSE. En segundo lugar, lévase a cabo un plan de formación no que se tratarán aspectos referidos á sensibilización, grupos de interese e ferramentas de xestión existentes neste contexto. Por último, desenvólvese un plan de implantación a cada compañía. Unha vez realizados e superados os servizos anteriores e, sempre que a firma manifeste querer continuar no programa, elaboraráselle un Plan de RSE específico que finalizará coa implantación das primeiras accións incluídas no proxecto.

Esta iniciativa forma parte do compromiso da Xunta coa difusión da RSE en Galicia e co labor que está desenvolvendo para impulsar este ámbito no tecido produtivo. Neste sentido, o pasado ano apoiáronse 149 empresas e, en 2018 investiranse 1,6 millóns de euros tanto na implantación da RSE como en plans de igualdade e melloras de conciliación.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada