Lectura de finalistas da 22ª edición dos Premios de Teatro María Casares, entrega de diplomas e xerriñas conmemorativas

Festa dos/as Nomeados/as dos XXII Premios de Teatro María Casares

Elefante elegante durante a gala dos María Casares.

Elefante elegante durante unha gala anterior dos María Casares.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), organizadora dos Premios de Teatro María Casares, dará a coñecer mañá os nomeados/as á XXII edición dos galardóns. O acto estará presentado pola actriz Iria Sobrado, secretaria da AAAG, e contará coa intervención de Nieves Rodríguez, presidenta da AAAG e Xulia Vicente, autora da ilustración do cartaz dos premios deste ano.

Asistirán os finalistas das 14 categorías nas que se dividen os premios. Os Premios María Casares contan coa colaboración e apoio de institucións e entidades como Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación SGAE ou Fundación AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión).

DÍA: Mañá mércores, 21 de marzo de 2018

LUGAR: Auditorio de Galicia. Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela HORA:20.30 h.

Presenta: Iria Sobrado, actriz, secretaria da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) Intervención: Nieves Rodríguez, actriz e comunicadora, presidenta da AAAG.

 

Xulia Vicente. Ilustradora, autora do cartaz desta edición

 

Asisten e entregan diplomas:

 

-Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña

 

-Jacbo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) -Isabel Blanco, delegada en Galicia de AISGE e Fundación AISGE

-Branca Novoneyra, concelleira de Acción cultural do Concello de Santiago

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada