Galicia proponse chegar ás 50.000 toneladas de vidro recicladas no ano 2020

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio avanza que se disporán preto de 3.000 novos puntos de recollida para incrementar en case un 30% a taxa de reciclaxe de vidro de 2015.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio avanza que se disporán preto de 3.000 novos puntos de recollida para incrementar en case un 30% a taxa de reciclaxe de vidro de 2015.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio proponse que no ano 2020 a reciclaxe de vidro en Galicia acade un 75% chegando a preto das 50.000 toneladas deste residuo reciclado. Así o puxo de manifesto a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, durante a presentación da campaña EtiDeQuenVesSendo, coa que se pretende incrementar en case un 30% a taxa de reciclaxe na Comunidade con respecto á cifra de 2015, con case 40 toneladas, de envases de vidro.

Sinalou que a campaña EtiDeQuenVesSendo conta coa colaboración de Fernando Romay, como embaixador da mesma, e forma parte dun ambicioso plan para a recollida de vidro para levar a cabo ata o ano 2020.

Para acadar o obxectivo, aumentaranse os puntos de recollida con case 3.000 contedores novos para acadar un ratio de un contedor por cada 160 habitantes, fronte á media actual de un contedor por cada 185 habitantes.

Mato Otero explicou que é necesario ofrecer aos cidadáns illas de reciclaxe deste material, xa que as enquisas sinalan que un 67% dos fogares da Comunidade galega declara reciclar vidro sempre e un 74% dos galegos creen que campañas, como a presentada hoxe, axudan e animan a reciclar máis.

Indicou que tendo en conta os datos de 2016, última cifra relativa a un ano completo na actualidade, sinalan que os habitantes galegos reciclaron máis de 40.000 toneladas, un 3,4% máis de que en 2015 e que se traduce en que cada galego reciclou unha media de 15,2 kg ou o que é o mesmo, 57 envases por persoa. Galicia acumula seis exercicios nos que a cifra de reciclaxe se mantén en liña ascendente e desde o 2011 ao 2016, incrementouse nun 13%.

Mato Otero destacou que os beneficios desta cultura a favor da reciclaxe do vidro ten beneficios para o medio ambiente, pois as toneladas recicladas en Galicia en 2016 evitou a extracción de 49.500 toneladas de materias primas, se deixaron de emitir a atmosfera 27.600 toneladas de CO2, e se aforrou o equivalente ao consumo eléctrico dun mes nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo. “E dicir, a reciclaxe aforra enerxía, reduce as emisións de CO2 e evita a extracción de materia primas” e sobre todo “ofrece unha nova vida máis, ao converter un residuo nun recurso; a máxima principal da economía circular.

A conselleira destacou o papel do sector da hostalería, xa que é o sector que xera case un 51% dos residuos de envases de vidro. De feito, dentro da campaña EtiDeQuenVesSendo se visitarán unha selección de medio centenar de establecementos con formadores de Ecovidrio, para explicarlles o beneficios ambientais da reciclaxe e darlles pautas para facelo correctamente.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada