O Instituto de Investigacións Mariñas e a Unidade de Tecnoloxía Mariña, trasladaranse á ETEA

O titular do Goberno galego presidiu a sinatura da cesión de uso gratuíta dos terreos da Xunta na ETEA a favor do Consello Superior de Investigacións Científicas.

O titular do Goberno galego presidiu a sinatura da cesión de uso gratuíta dos terreos da Xunta na ETEA a favor do Consello Superior de Investigacións Científicas.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta mañá que Galicia dá hoxe un paso máis no liderado do Campus do Mar co futuro traslado á ETEA dos dous centros do CSIC. “O pasado mes de xullo dixemos que estabamos no camiño adecuado para que Vigo e Galicia puidesen liderar a investigación mariña. E hoxe sumamos un socio moi importante para que este compromiso poida facerse realidade”, aseverou, referíndose ao traslado a Teis das dúas instalacións do CSIC: o Instituto de Investigacións Mariñas, con máis de seis décadas de historia en Bouzas, e á sede atlántica de Unidade de Tecnoloxía Mariña, que ten centros unicamente en Vigo e Barcelona.

“Xunto ao Instituto de Investigacións Mariñas virán os seus investigadores e a súa vocación de transferencia do coñecemento que temos sobre os océanos. E xunto á Unidade de Tecnoloxía Mariña virán os buques oceanográficos Sarmiento de Gamboa e Mytilus, que atracarán no propio Campus do Mar”, precisou, incidindo en que hoxe o CSIC se embarca neste proxecto, que dotará o barrio de Teis dun campus ao estilo das grandes universidades do mundo. Un campus acolledor, pero permeable para o intercambio entre ciencia e sociedade e onde se producirá unha investigación punteira.

Durante a sinatura da cesión de uso gratuíta dos terreos da Xunta na ETEA, Feijóo quixo agradecer á secretaria de Estado de I+D+i e á presidenta do CSIC a súa aposta polo campus, convencido de que “entre todos construiremos un espazo de investigación e de talento de referencia a nivel internacional”. “Temos un compromiso que non ten volta atrás: converter a ETEA no centro de referencia de investigacións mariñas de Europa. E para elo contamos cun socio local que é a Universidade de Vigo e tamén coa Zona Franca, e temos un socio estatal que é o CSIC”, abundou, lembrando que ao apostar pola I+D+i significa apostar pola investigación científica pero tamén pola transferencia do coñecemento á sociedade.

Nesta liña, aseverou que o Campus do Mar logrará ambas as facetas: a da investigación propiamente dita, xa que na antiga ETEA traballarán científicos de diferentes institucións e poderán consolidar un rico ecosistema de coñecemento. E tamén a da transferencia á sociedade, posto que este campus se sitúa nun espazo en estreito contacto co océano, co tecido empresarial e cunha veciñanza moi ligada ao mar.

“A investigación mariña do futuro terá acento de Teis, de Vigo e, en consecuencia, de Galicia, grazas ao impulso e á curiosidade dos científicos que se formarán ou desenvolverán a súa actividade aquí”, sentenciou, ao que engadiu que “os seus logros serán un orgullo para as institucións que loitamos por superar as dificultades e nos comprometemos a facer realidade este soño: a Universidade de Vigo, a Zona Franca, a Xunta e o CSIC, que demostra unha enorme xenerosidade e visión de futuro ao trasladarse á antiga ETEA”.

Feijóo concluíu lembrando que no verán pasado acordouse coa Universidade de Vigo que esta se instalaría nos terreos da antiga ETEA: no edificio Faraday, que acollerá a sede institucional do campus do mar; e no edificio Siemens que terá no seu interior unha aceleradora de empresas e un centro de investigación gastronómico.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada