A Semana GastroCultural de A Cancela trae As Neves tendencias gastronómicas e culturais, catas, novas tecnoloxías e empredemento

A Festa do Espumoso tamén contou cunha actividad de A Cancela.

A Festa do Espumoso tamén contou cunha actividad de A Cancela.

A Cancela, centro de formación profesional, organiza a IV Semana GastroCultural do 19 ó 21 de marzo en As Neves. Comezará o luns 19 con Tendencias-Turísticas-culturais, ás 10.30 horas, no auditorio nevense Váquez Portomeñe. Interveñen a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; el alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez; o xerente do GDR Condado-Paradanta, Paco González; o xerente de Hotel da Natureza, Rubiós, Antonio Méndez; e o comisario da exposición itinerante sobre o Camiño de Santiago ‘Pan, Viño e Camiño’, Celestino Lores.

Haberá unnha cata de mel, ás 16.00 horas, nas instalacións da Escola, que precisa de inscrición previa para participar. ÁS 17.00 horas, na Cancela, cata de Oruxos.

O martes 20, no Auditorio Vázquez Portomeñe, Tendencias Gastronómicas, a partir das 10.30 horas, coa proxeccion do documental ‘Cociñando no fin do Mundo’, dirigido por Alberto Baamonde. No coloquio intervén, ademais do director, o representante do Grupo Nove, Pepe Solla; e o director de ‘Padolongo’, Ignacion Vilar. E ás 16.00 horas, nas instalacións da Escola, Unha páxina web atractiva. Sesión que impartirá Juan José Romero Crusar da empresa Suma Importancia.

O mércores 21, nas instalacións do centro de formación profesional A Cancela, ás 10.00 horas, Tendencias sobre o posicionamento do producto e ás 11.00 Obradoiro de emprendemento.

A asistencia a todas as actividades é gratuita e só precisa de inscrición a cata de mel.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada