A 'Andaina da Lamprea', na súa 3ª edición, terá lugar o domingo 8 de abril

Unha ruta circular de 13 quilómetros polo municipio arbense da inicio a Festa da Lamprea

Sendeiros de Arbo. Fragmento cartel anunciador da Andaina da Lamprea.

Sendeiros de Arbo. Fragmento cartel anunciador da Andaina da Lamprea.

A ‘Andaina da Lamprea’, na súa 3ª edición, terá lugar o domingo 8 de abril. Organizada polo Concello de Arbo é o comezo das actividades programadas antes da Festa da Lamprea deste ano 2018.

Cada unha das rutas que propón cada ano, nos leva a vivir unha experiencia inesquecible, e en cada ‘Andaina da Lamprea’ coñecerás novos espazos, que desexaras visitar nas distintas estacións do ano.

A saída será dende a Praza do Concello ás 9.30 horas, configurándose como un percorrido circular de aproximadamente 13 quilómetros. O prezo da andaina ascende a 5 euros e será ingresado no numero de conta ES12 2080 5011 8230 4000 6781.

Está prevista a entrega de agasallos para todos os participantes e unha degustación de lamprea e viño de Arbo. As inscricións poderán recollerse nas oficinas municipais ou baixarse da páxina web do Concello.

Este evento non só nos leva a coñecer as rutas de sendeirismo que se converteron nunha boa fonte para mostrar os feitizos de cada zona, senón que ademais convidamos os participantes a degustar os produtos estrela da nosa gastronomía, a lamprea e os viños das nosas adegas con D.O. Rías Baixas.

Para camiñar, Arbo…. A súa xeografía contén infinidade de camiños, carreiros e vías de comunicación hoxe recuperadas e rehabilitadas. O sendeirismo en Arbo, busca achegar ás persoas ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais tradicionais.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada