A atención primaria é imprescindible para garantir a viabilidade presente e futura da nosa sanidade, segundo Almuiña

 Vázquez Almuiña, inaugurou a Aula 2018 que organiza a Sociedade española de directivos de atención primaria (Sedap).

Vázquez Almuiña, inaugurou a Aula 2018 que organiza a Sociedade española de directivos de atención primaria (Sedap).

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, inaugurou hoxe, a primeira hora da tarde, a Aula 2018 que organiza a Sociedade española de directivos de atención primaria (Sedap): Camiños de Integración. Redes de encontro. Neste foro, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego sinalou que extraer todo o potencial de xestión da atención primaria é imprescindible para garantir a viabilidade presente e futura da nosa sanidade.

A atención primaria ten unha clara historia de nivel asistencial que se adapta aos novos escenarios da sanidade. O directivo de atención primaria debe ser consciente da necesaria integración con outros niveis asistenciais e, “en Galicia, temos unha experiencia consolidada neste sentido”, remarcou o conselleiro.

Tal e como destacou Almuiña, as tendencias de organización na sanidade pública hai xa algún tempo que están a seguir modelos de integración na xestión, un reto para os directivos. A Sociedade española de directivos de atención primaria ten un labor fundamental a de dirixir, acompañar, liderar e guiar un cambio conceptual do xestor sanitario.

Entre os temas a tratar nesta reunión da Sedap están a atención integral ao paciente crónico e pluripatolóxico; a integración asistencial nos procesos de atención en Cardioloxía; a continuidade asistencial nos pacientes con cancro; ou a atención integral á diabete.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada