O vindeiro 23 de marzo, a partir das 20.30 horas, no Teatro Afundación

A Orquestra e o Coro da Ópera Nacional de Moldavia representa a ópera Aida en Vigo

O evento será o vindeiro 23 de marzo, ás 20.30 h, coa interpretación da Orquestra e do Coro da Ópera Nacional de Moldavia.

O evento será o vindeiro 23 de marzo, ás 20.30 h, coa interpretación da Orquestra e do Coro da Ópera Nacional de Moldavia.

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará a representación da ópera Aida, de Giuseppe Verdi, no seu Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). Será o vindeiro 23 de marzo, a partir das 20.30 h, e a posta en escena será a cargo da Orquestra e do Coro da Ópera Nacional de Moldavia. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

AIDA, DE GIUSEPPE VERDI

Esta ópera composta por Verdi no 1871 será a encargada de inaugurar o festival cunha posta en escena a cargo da Orquestra e o Coro da Ópera Nacional de Moldavia, que acompañarán a soprano Iaia Tso interpretando a Aida, a Simone Frediani no papel de Radamés, a Ana Maksudova como Amneris ou a Iuri Maimescu como faraón de Exipto, entre outros.

En catro actos relata a historia de amor entre o capitán exipcio Radamés e Aida, unha escrava etíope ao servizo da princesa exipcia Amneris, que tamén está namorada do guerreiro. O exército etíope invade Exipto e nomean a Radamés para que lidere as tropas exipcias, con quen finalmente gaña a batalla. Aida é en realidade a filla do rei etíope Amonastro, quen se atopa entre os prisioneiros da vitoria de Radamés. O rei exipcio concede a man da súa filla Amneris a Radamés.

Na véspera da voda, Aida e Radamés reúnense secretamente, e a princesa etíope, presionada polo seu pai, consegue que o guerreiro lle desvele os plans militares exipcios. Esta traizón é descuberta e Radamés é xulgado e condenado polos sacerdotes a ser soterrado vivo. Aida consegue introducirse na sepultura e os amantes acaban morrendo xuntos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada