O castelo de Sobroso terá unha especial promoción polo valor do seu patrimonio fortificado, arqueolóxico, paisaxístico e etnográfico

O goberno de Ponteareas e a Deputación realizaron un seguemento das obras realizadas no Castelo do Sobroso-

O goberno de Ponteareas e a Deputación realizaron un seguemento das obras realizadas no Castelo do Sobroso-

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Turismo, Hortensia Bautista; a Tenente de Alcalde Chus Garrote e o Deputado de Turismo, Santos Héctor reuníronse hoxe para continuar coa comisión de seguemento do convenio regulador de Castelo do Sobroso.

O alcalde e o deputado de Turismo fixeron balance das obras realizadas no castelo durante o inverno valoradas en 316.000€ e abordaron ademais, asuntos relativos á xestión de entradas e do centro de recuperación popular do mesmo que vai seguir en mans da actual concesionaria ata o 31 de decembro de 2018.

O deputado informou ao alcalde de que este ano dentro da campaña de promoción turística ao abeiro do ano europeo do patrimonio cultural o castelo de Sobroso terá unha especial promoción durante este mes no que se fará fincapé na posta en valor do patrimonio fortificado, arqueolóxico, paisaxístico e etnográfico e durante o mes de xuño no que nos centrarán no patrimonio inmaterial e na importante riqueza de lendas e tradicións vinculadas ao castelo do Sobroso.

O deputado Santos Héctor adiantou que ata o de agora non se puido facer a tala de eucaliptos previstas e acacias porque seguen pendentes dos informes e permisos da dirección xeral de patrimonio para continuar cos traballos iniciados o ano pasado.

No vindeiro mes de maio está previsto unha visita da presidenta da Deputación, Carmela Silva e do alcalde ao Castelo do Sobroso e a presentación oficial das diferentes iniciativas que realizarán as distintas administracións para a posta en valor deste castelo.

Esta reunión mantívose hoxe coincidindo coa xornada de sensibiización do sector comercial e turístico para que melloren a súa formación e calidade e obter o distitivo de calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ao que está adherida a Deputación de Pontevedra a través do destino Rías Baixas-provincia de Pontevedra. Este planteamiento engloba tanto os servizos ofrecidos polos compoñentes da oferta turística (hoteis, restaurantes, axencias de viaxes…) como aqueles que, sen selo estrictamente, contribúen á formación da experiencia turística nun destino.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada