As familias galegas poderán acceder dun xeito máis sinxelo e áxil ao Programa de gratuidade solidaria de libros a través da internet

Dos niños cuelgan sus mochilas poco antes de comenzar la clase.

Dos niños cuelgan sus mochilas poco antes de comenzar la clase.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello que as familias galegas poderán ter acceso ao Programa de gratuidade solidaria de libros de texto dun xeito máis sinxelo e áxil, xa que, ademais de simplificarse o proceso para obter os libros e o material didáctico para alumnos con necesidades educativas especiais, se abre a posibilidade de presentar a solicitude pola internet.

Ao longo da súa intervención, o vicepresidente recordou que esta é unha das principais liñas de apoio para as familias que máis o necesitan e que ten como obxectivo principal aliviar os efectos económicos que a volta ás aulas supón para estas.

A convocatoria deste programa para o curso 2018/19 baséase en tres piares fundamentais:

Un primeiro piar que consiste en axudas para a compra de libros para o alumnado de 1º e 2º de primaria e educación especial. Póñense á disposición das familias achegas de 90 euros para as familias cuxa renda per cápita sexa de entre 5400 e 9000 euros; de 170 para as familias de renda igual ou inferior a 5400 euros ou para casos nos que os alumnos estean en situación de tutela ou garda; e de 250 euros para todos aqueles alumnos cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, independentemente da renda.

O segundo, o fondo solidario de libros para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO, dispón que os libros sexan asignados por orde inversa á renda familiar, tendo preferencia aqueles alumnos que estean en situación de garda ou tutela da Xunta ou teñan discapacidade.

O terceiro piar deste programa consiste en axudas ao material escolar que se distribúen por medio dun bono de 50 euros para aquelas familias cunha renda igual ou inferior a 5400 euros e para alumnos con discapacidade ou baixo tutela ou garda da Xunta.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada