Un libro recolle os comentarios de María Victoria Moreno sobre os “Seis poemas galegos” de Federico García Lorca

portadaO Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia publicaron o libro É a lúa que baila… María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Preséntao este mércores, día 16, o alcalde Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, ás 19.30 horas na Fundación Torrente Ballester.

Ao acto asistirán ademais, o académico Xesús Alonso Montero, autor do limiar; Pedro Ferriol, viúvo de María Victoria Moreno; o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; e o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde.

María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres 1939 – Pontevedra 2005) foi unha apaixonada de Federico García Lorca. Esta publicación recolle un artigo pouco coñecido que a cacereña escribiu sobre os Seis poemas galegos do poeta andaluz.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada