Nieves Rodríguez, pregoeira das festas do Corpus 2018

 

A popular presentadora, Nieves Rodríguez, co alcalde pontareán, Xosé Represas, na biblioteca do Consello da Cultura Galega.

A popular presentadora, Nieves Rodríguez, co alcalde pontareán, Xosé Represas, na biblioteca do Consello da Cultura Galega.

A actriz e presentadora de televisión, Nieves Rodríguez, será a encargada de ler o pregón o vindeiro sábado 26 no auditorio municipal de Ponteareas.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, presentou hoxe en Santiago de Compostela á pregoeira das festas do Corpus Christi 2018 nun acto celebrado na biblioteca Consello da Cultura Galega.

Veciña da comarca do Baixo Miño, Nieves Rodríguez, garda entre as súas lembranzas as primeiras visitas ás alfombras florais e o grato recordo que lle deixou o traballo colectivo e a unidade dun pobo para crear arte.

En Santiago o alcalde convidou a todos os galegos e galegas a participar nesta festa declarada Ben de Interese Turístico Internacional que cada ano congrega a milleiros de visitantes.

Con dous séculos de historia as alfombras florais do Corpus Christi de Ponteareas son o reflexo da capacidade dun pobo de transmitir unha herdanza e sabedoría popular que entraña diferentes técnicas de deseño, coordinación de equipos e un longo etc de tarefas que durante máis dun mes ocupan o tempo dos  e das alfombristas ponteareás, todo isto transmitido de xeración en xeración.

O goberno de Ponteareas solicitou a declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial (BIC) pola súa longa tradición, por ser unha arte efímera realizada e transmitida polo pobo, pola creatividade que supón e polos coñecementos populares que implica e que son con experiencia son adquiridos, en definitiva, as alfombras florais do Corpus son o reflexo do sentir dun pobo.

Nieves Rodríguez adiantou que no seu pregón as xentes de Ponteareas e os seus e súas alfombristas terán especial protagonismo.

Represas pola súa parte afirmou que nestes intres Ponteareas estase a preparar para ter todo listo para a chegada dos máis de cincuenta mil visitantes que se espera se acheguen a Ponteareas no dous ou tres de xuño. Este ano darase un paso máis na mellora da atención ofrecida aos turistas e cidadáns e incorporarase un punto de atención turística á praza de Bugallal entre outras novidades que irán vendo a luz ao longo destes quince días previos ao Corpus.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada