Salvaterra vive a celebración da orixe da Vila neste xoves 24 festivo local

Recreación histórica, coro Lacedurium, artesanía, traxes medievais, xogos tradicionais, obradoiros, contacontos e alquimia

Recreación histórica o ano pasado.

Recreación histórica do acto de cesión da vila de Lacedorium o ano pasado.

A celebración comeza coa presenza polas rúas da vila dun xograr a partir das 9.30 horas. Media hora máis tarde, acto de benvida e recreación histórica do acto de cesión da vila de Lacedorium tal como se produciu un 24 de maio de 991.

A continuación farase entrega dos premios do II Certame Artístico ‘Salvaterra Milenaria’ e exposición dos traballos realizados.

Ás 11.15 horas, actuación do coro Lacedurium.

ÁS 11.30 apertura dos xogos tradicionais no exterior do castelo ata as 14.00 horas. Durante a xornada desenvolverase unha feira de artesanía e unha exposición de traxes medievais.

Pola tarde, volven os xogos tradicionais de 16.00 a 19.30 horas, no exterior do castelo, e obradoiros tradicionais de ‘carimbos de moeda con plastilina’ e ‘escritura a pluma’. Entretanto, desde as 17.30, contacontos infantil. Ás 19.30 peche da xornada cun espectáculo de alquimia.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada