O Corpus Christi comezou coa presentación da revista Pregón

Imaxe dunha edición anterior da Festa do Corpus Christi en Ponteareas.

Imaxe dunha edición anterior da Festa do Corpus Christi en Ponteareas.

Pontearas fai público o programa das festas de Corpus que arranca este xoves día 24 coa presentación da revista Pregón no salón de plenos.

Música, animación de rúa e animación infantil, concertos e exposicións son algúns dos elementos que nutren este programa no que a actriz e presentadora Nieves Rodríguez  métese no papel de pregoeira do Corpus Christi 2018 seguida da actuación da Orquestra de Cámara Galega.

A exposición das trinta Meninas realizadas polos centros educativos baixo o título de “Meninas en Flor” abre as súas portas ás 23.30 horas no mercado municipal o sábado día 2.

O domingo a banda de música Reveriano Soutullo actuará ás 10.30 horas diante da casa do concello a santa misa seguida da procesión será ás 11:30h.

As carrozas desfilarán baixo unha batalla floral acompañada da Banda de Gaitas Tremiñado e da novidosa animación da empresa Pablo Méndez que fará unha alegoría á arte floral.

A praza Maior acollerá a actuación da orquestra América a partir das 22 horas e ás 23 horas a actuación do grupo MITIC cos irmáns Álvaro e Suso Costas que nos presentan un novo xeito de entender a gaita galega.

Como cada luns ás 20.00 chegará o momento de homenaxear aos alfombristas que xa non nos acompañan depositando un ramo de flores xunto ao monumento que os recorda. Ás 20.30 horas o auditorio acollerá o acto de entrega de medallas do Corpus Christi cunha homenaxe  especial para a Comisión do Corpus de 1948 formada por Gabino Porto, …. Casasnovas, ….. Salgueiro.  A partir das 22.00 a orquestra París de Noia será a encargada de pechar as festas na Praza Maior.

Animación infantil e de rúa completa a programación con actividades para todos os públicos e para toda a familia.

O Corpus 2018 virá tamén cargado de novidades non só culturais e de lecer se non tamén técnicas porque atendendo ás peticións dos alfombristas, o goberno incrementará os puntos de luz e mellorará a iluminación para facilitar o traballo nocturno de todos e todas as alfombristas.

108 focos halógenos de 250W máis 50 focos led equivalentes a 250W halogenuros que proporcionan un gran aforro enerxético posibilitarán que as mans que trasladan a arte floral ao pavimento das rúas e prazas traballen con precisión e detalle.

Sesenta e dous arcos e motivos festivos luminosos adornarán as rúas de Ponteareas para recibir aos visitantes chegados de todos os puntos de Galicia, Portugal e do resto de España que se desprazarán en vehículos particulares e autobuses.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
3