A ministra de Turismo de Xordania visita o patrimonio da Catedral de Santiago de Compostela

A directora de Turismo, Nava Castro, acompañou a ministra xordana no seu percorrido pola catedral compostelá.

A directora de Turismo, Nava Castro, acompañou a ministra xordana no seu percorrido pola catedral compostelá, onde exerceu de anfitrión o coengo Daniel Lorenzo.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe en Santiago de Compostela á ministra de Turismo de Xordania, Lina Annab, de visita na Comunidade galega. A dirixente autonómica acompañou á ministra xordana no seu percorrido pola Catedral compostelá, onde exerceu como anfitrión o cóengo Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral de Santiago. Antes, tivo a oportunidade de coñecer o casco histórico da capital, Patrimonio Mundial da Unesco desde o ano 1985.

Annab e Castro xa mantiveron un encontro o pasado mes de marzo na feira internacional ITB de Berlín, unha das tres máis importantes do mundo, e agora afondan nos vínculos entre ambos territorios polos seus intereses comúns no turismo cultural e relixioso. Por iso, tamén se achegaron ao Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, a nova infraestrutura xacobea de referencia na cidade impulsada ao abeiro do Plan director do Camiño de Santiago. Na súa visita a Galicia, a ministra estivo acompañada dunha delegación formada polo director do Jordan Tourism Board, o responsable da área de relixión desta entidade e a súa representante en España, amais do responsable do Lugar do Bautismo en Betania.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada