A exposición sobre a Sagrada Familia e Gaudí no mosteiro de San Martín Pinario, unha aposta cultural

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, cos arcebispos de Santiago de Compostela e Barcelona, Julián Barrio e Juan José Omella.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, cos arcebispos de Santiago de Compostela e Barcelona, Julián Barrio e Juan José Omella.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración da exposición Gaudí y la Sagrada Familia. Una experiencia interior que pode verse ata o 30 de setembro no Mosteiro de San Martín Pinario e que forma parte das celebracións do 150 aniversario da instalación do Seminario Conciliar no antigo mosteiro beneditino de Santiago de Compostela, na contorna da súa catedral.

Nava Castro salientou a aposta cultural deste extraordinario recinto monumental nun acto que estivo presidido polos arcebispos de Santiago de Compostela e Barcelona, Julián Barrio e Juan José Omella. A responsable de Turismo da Xunta salientou o atractivo desta mostra na oferta cultural da capital galega, que poderán visitar os propios galegos e os milleiros de turistas e de peregrinos que se achegarán á Comunidade durante a tempada estival.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada