20 fotografías analóxicas en branco e negro de Vanesa Álvarez ofrecen a súa visión de Nova York

Tras-o-marco.jpgA exposición fotográfica Poetry Month de Vanesa Álvarez vai ser inaugurada o xoves, 7 de xuño (ás 20.00 horas) en Detrás do Marco, Vigo, e vai permanecer no local durante un mes.

Vanesa Álvarez ofrecerá a súa visión de Nova York, durante o mes nacional da poesía (abril), a través de 20 fotografías analóxicas en branco e negro. Un paseo por esta cidade, buscando a poesía visual a través da paisaxe, os elementos urbanos, a natureza, a crítica e o romanticismo.

Sempre apaixonada da fotografía, ao comezo da súa carreira Vanesa

Álvarez participou en varias exposicións colectivas e agora retoma esta faceta.

Ademais, deseña, pinta prendas de roupa, muralismo… Actualmente está pintando un mural, homenaxe ás mulleres da conserva en Beiramar.

Día: 7 de xuño
Hora: 20.00 horas
Lugar: Detrás do Marco (R./ Londres, s/n). VIGO.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada