Ángeles Vázquez defende o uso responsable dos medicamentos veterinarios e unha produción de alimentos sans e seguros nas explotacións

A conselleira do Medio Rural presidiu a inauguración en Vigo do XXIII Congreso da Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina.

A conselleira do Medio Rural presidiu a inauguración en Vigo do XXIII Congreso da Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, defendeu hoxe a necesidade de promover un uso responsable dos medicamentos veterinarios e avogou por unha produción de alimentos seguros nas explotacións gandeiras. Fíxoo na inauguración, este mediodía en Vigo, do XXIII Congreso da Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (Anembe).

Neste sentido, a conselleira destacou o importante labor que desenvolve o colectivo veterinario en materia de asesoramento, información e formación dos gandeiros, algo que tamén repercute positivamente no papel da administración, tanto para o fomento da actividade económica como na súa función inspectora e de control. Por iso, sinalou, “necesitamos profesionais preparados, que asesoren correctamente aos nosos gandeiros e aseguren a existencia de explotacións viables, sas, ben manexadas, con gando de alta calidade xenética e bo estado de benestar” e que ademais ofrezan produtos “da máxima calidade e seguros”.

A conselleira lembrou, así mesmo, a relevancia dunha xestión sustentable dos recursos naturais e os subprodutos xerados pola actividade primaria, especialmente a gandaría, como “resposta á crecente demanda ambiental dos cidadáns”, algo que supón un esforzo importante para todos os sectores e tamén para os poderes públicos.

Ángeles Vázquez considerou ademais un “gran acerto” este tipo de xornadas na nosa comunidade polo peso que ten o gando bovino sobre a nosa economía. “É unha fonte esencial de ingresos no mundo rural”, declarou e sinalou que Galicia conta con preto de 43.000 explotacións bovinas de produción e reprodución, o que representa o 32% das de España.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada