Máis de 700 expositores participan na Feira Internacional Abanca Semana Verde que hoxe abre as súas portas en Silleda

O presidente da Xunta de Galicia na inauguración da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

O presidente da Xunta de Galicia na inauguración da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Máis de 700 expositores procedentes de 20 países participan estes días na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que hoxe abriu as súas portas no Recinto Feiral de Silleda ata o domingo.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asistiron esta tarde á inauguración da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, á que tamén asistiron a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro e os delegados territoriais da Xunta na Coruña e Pontevedra, Ovidio Rodeiro e José Manuel Cores Tourís.

Alfonso Rueda indicou que nesta 41ª edición vese reflectida a tendencia de mellora levada a cabo nos últimos anos e que demostra que este certame tense convertido de novo nunha das feiras máis importantes e máis destacadas a nivel nacional. Esta ano volve a contar cunha importante representación da Junta de Andalucía e da Deputación de Burgos, que debuta na feira.

Este ano, a Feira destaca pola súa diversidade, xa que ademais dos certames centrados en alimentación, caza, pesca e natureza e turismo, conta con numerosos sectores que van dende gandería, biomasa, mascotas, xardinería ou pequena maquinaria e ferramentas ata decoración, mobiliario e artesanía, ademais de moitos outros produtos e servizos. Incorporando nesta edición unha área centrada nos vehículos de ocasión e ao que están vinculadas, e presentes, grandes empresas privadas como Abanca, que vén de renovar o seu acordo coa Fundación Semana Verde, Vegalsa-Eroski, Gadis, Carrefour, El Corte Inglés, Decathlon, Stihl e, por primeira vez este ano, Ikea e MediaMarkt.

Ademais, o certame incorpora un servizo gratuíto de autobuses dende Santiago de Compostela, cuxo horario se pode consultar na páxina web www.semanaverde.es

Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, valorou a importancia deste tipo de feiras na nosa comunidade. Destacou que Abanca Semana Verde de Galicia triplicou o seu espazo en dez anos, o que demostra o seu éxito e o papel dinamizador que ten para a súa contorna, de aí que a Consellería colabore na súa celebración.

Ademais, Ángeles Vázquez salientou a exposición de razas autóctonas en perigo de extinción que se exhibe un ano máis neste recinto e que permite poñer en valor os animais de granxa propios de Galicia e nos que se está traballando para a súa recuperación.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada