O río Tea xa ten Centro de Interpretación

Reo (Salmo trutta trutta) especie migratoria. Fotografía do Centro de Interpretación do Tea.

Reo (Salmo trutta trutta) especie migratoria. Fotografía do Centro de Interpretación do Tea.

O concello de Ponteareas inaugura o vindeiro sábado día 16 o Centro de Interpretación do Tea (CITEA) que se enmarca dentro do proxecto da senda do Tea.

Con esta iniciativa o goberno local porá en valor toda riqueza non so medioambiental se non tamén patrimonial e etnográfica dos arredores das beiras do río.

No centro de interpretación atoparemos paneis informativos sobre a flora, a fauna e introducción á historia usos e costumes vinculadas ao río Tea. Ademais, hai un proxector que ofrecerá vídeos temáticos e os visitantes poderán ver a maqueta do curso do río Tea dende o Súido ata a desembocadura na Fillaboa.

No exterior do CITEA haberá un panel didáctico informativo dixital de uso táctil para todos os visitantes que se acheguen fora do horario de atención ao público.

A inauguración arrancará cun roteiro guiado de dificultade media que partirá ás 18.00 horas das pistas de tenis da Freixa e rematará no centro cultural de Fozara lugar donde se ubica o CITEA. A ruta será liñal así que a organización recomenda deixar parte dos coches no punto final para facilitar o regreso.

O río Tea é o río principal da comarca do Condado querealiza un percorrido de 50 quilómetros ata a súa confluencia co Miño. Nace das correntes que baixan das serras do Suído e do Faro de Avión, no concello de Covelo. Atravesa este municipio, o de Mondariz e o de Mondariz-Balneario con dirección nordés-sudoeste ata introducirse no de Ponteareas, aproveitando unha fractura tectónica. Neste territorio adopta unha orientación norte-sur que tamén mantén no seu paso polo concello de Salvaterra de Miño, onde desemboca na parroquia de Arantei. Ao longo deste itinerario o seu caudal enriquécese coas achegas hídricas de varias correntes, especialmente coas do río Borbén, pola dereita, e as do Uma e Xabriña, pola esquerda.

Outros tributarios importantes son os regos de Mouro, Cillarga, Ponte Pardellas ou da Barxa e os ríos Portapiñeiros, Aboal, Alén, Xinzo, ou Caraño. Tanto por caudal coma por lonxitude, o Tea é o afluente máis destacado da conca baixa do Miño. Boa parte do curso fluvial foi declarado, en 2001, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) polo valor ecolóxico que alberga a súa flora e fauna, entrando a facer parte da Rede Natura 2000 da Unión Europea.

Ao longo do seu curso podes gozar de 12 km dun sendeiro que transita xusto á beira do río entre os concellos de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas. Existe, ademais, un ramal interior de 5 km que discorre por camiños tradicionais ao longo das parroquias ponteareás de Fozara, Padróns e Ribadetea.

Durante o percorrido do roteiro coñeceránse os aspectos máis relevantes tanto medioambientais como naturais que arrrodean as beiras do Tea.

Todos os interesados e interesadas deberán preferiblemente inscribirse telefónicamente no teléfono 986 66 07 65 (biblioteca municipal) ou no enderezo electrónico medioambiente@ponteareas.gal

O alcalde de Ponteareas engade que “esta iniciativa está enmarcada na liña de actuación do goberno de Ponteareas de divulgación e protección do patrimonio natural e cultural, especialmente o Tea e os seus afluentes que conforman o territorio municipal”.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada