O Centro de Emprendemento do Gaiás apoia a formación dunha vintena de mozos e mozas en desenvolvemento de videoxogos

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén, remarcou na xornada de peche do programa a necesidade de “mellorar as competencias emprendedoras en áreas en crecemento como a industria do videoxogo”.

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén, remarcou na xornada de peche do programa a necesidade de “mellorar as competencias emprendedoras en áreas en crecemento como a industria do videoxogo”.

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a clausura e entrega de diplomas do programa Constrúe o teu futuro: Videoxogos e Emprendemento, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Cidade da Cultura a través do seu Centro de Emprendemento e a Fundación Incyde, co financiamento do Fondo Social Europeo. O acto, que se celebrou na sala Eisenmann do Gaiás, estivo presidido polo secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén; o secretario xeral da Cámara, Fernando Barros; e o director de Proxectos da Fundación Incyde, Juan Vila-Coro.

O principal obxecto do programa, que se celebrou do 16 de abril ao 25 de maio, foi facilitar a incorporación ao mercado laboral a menores de 30 anos –non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación– a través de accións de fomento, formación e apoio ao emprendemento. Os 17 participantes iniciáronse no desenvolvemento de videoxogos e ampliaron e consolidaron os seus coñecementos no campo da creatividade dixital.

MELLORAR COMPETENCIAS DOS MOZOS

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén, remarcou a importancia de promover este tipo de programas formativos tanto por “abordar unha temática das industrias culturais e creativas de especial potencial e crecemento, como son os videoxogos e a creatividade dixital, como por mellorar as competencias profesionais e emprendedoras dos nosos mozos e mozas”.

O programa formativo Constrúe o teu futuro: Videoxogos e Emprendemento incluíu as principais disciplinas vinculadas á creatividade, innovación e tendencias dentro do mundo do videoxogo –produción de imaxe en 3D, desenvolvemento visual, efectos visuais ou simulación–, modelos de negocio, dirección de proxectos, roles de equipo técnico e tecnoloxía, área de marketing –Google analytics, Seo, SEM, Growth hacking–, área xurídico-fiscal, finanzas e área de dirección de proxecto final. Trala entrega de diplomas, o alumno Juan Manuel Otero presentou o seu proxecto Chirimoya Games.

EMPRENDEMENTO NA CIDADE DA CULTURA

Esta acción formativa súmase á programación da Cidade da Cultura ao redor do emprendemento no eido das industrias culturais. Neste senso, o empredemento figura, xunto coa tecnoloxía e a cultura, como un dos tres eixes nos que opera o Gaiás, cun Centro de Emprendemento que ata o momento ten apoiado máis de 250 proxectos e ao redor de 600 persoas emprendedoras. O centro ofrece un espazo de coworking e un viveiro de empresas, ademais dunha área tecnolóxica na que compañías punteiras, coma Telefónica ou Vodafone, en colaboración coa Amtega, desenvolven proxectos de apoio a start-up galegas.

Máis aló dos recursos dirixidos aos emprendedores con sede na Cidade da Cultura, o Gaiás desenvolve unha programación anual dirixida a estimular o talento e crear cultura emprendedora en Galicia, con accións formativas ou eventos como as xornadas de Innovación Educativa InquEDU ou os Premios Gaiás Sixto Seco, que están a piques de convocar a súa sexta edición para recoñecer e apoiar os mellores proxectos do ámbito cultural.

O Gaiás acolle tamén este ano a segunda edición dun dos eventos máis agardados pola cativada innovadora de Galicia, a Maker Faire, a maior feira de inventores do mundo que o ano pasado na súa primeira edición congregou a máis de 10.000 visitantes. No que vai de 2018, máis dun milleiro de persoas participaron xa nas distintas accións formativas e eventos do Centro de Emprendemento. Citas como Atlantic Emprende + Gaiás, encontros para emprendedores, profesionais, estudantes e empresas do sector musical, CreaGaiás, xornada sobre emprendemento nas industrias creativas e culturais.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada