‘Tectónica’ leva a obra do premio nacional de fotografía Manuel Vilariño ás salas do CGAC

A xerente do CGAC, Pepa Fuentes, na rolda de prensa.

A xerente do CGAC, Pepa Fuentes, na rolda de prensa.

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá ata o 21 de xuño a mostra ‘Tectónica’, de Manuel Vilariño (A Coruña, 1952), que foi presentada esta mañá pola xerente deste centro expositivo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A mostra, que poderá visitarse a partires desta tarde na planta baixa do centro, é unha prospección inédita no mundo creativo e poético deste autor galego que foi Premio Nacional de Fotografía no ano 2007 e que representou a España na 52ª Bienal de Venecia.

 

Comisariada polo profesor de estética e crítico de arte, Alberto Ruíz de Samaniego, ‘Tectónica’ está constituída por máis de 40 pezas entre fotografías, vídeos, instalacións e esculturas, que abarcan desde os años 70 ata a actualidade e inclúe 7 pezas de nova produción realizadas de forma específica para o CGAC.

 

A mostra está montada e pensada a partir de catro grandes vetas ou apartados temáticos e formais: a música, a poesía, a ciencia e a imaxe. En cada un destes estratos pódense contemplar unha serie de referencias fundamentais na traxectoria do artista que explican o seu universo estético: os obxectos que o acompañan, a presenza dúa voz, as súas obsesións, as súas lecturas, as viaxes e os seus referentes culturais, musicais e de coñecemento como os poetas José Ángel Valente, Wallace Stevens e T. S. Eliot ou o compositor Olivier Messiaen.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada