Vidal Romaní ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O catedrático da Universidade da Coruña abre a rolda de entrada de seis novos académicos este ano.

O catedrático da Universidade da Coruña abre a rolda de entrada de seis novos académicos este ano.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebró na tarde do mércores no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Juan Ramón Vidal Romaní, catedrático de Xeoloxía da Universidade da Coruña (UDC), que se incorpora á Sección de Química e Xeoloxía. A súa abre a rolda de incorporacións á institución ao longo deste ano, no que entrarán seis novos académicos de diversas áreas de coñecemento.
O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titúlase “A Xeoloxía de Galicia. Como armar un quebracabezas”. Logo de pronuncialo, recibirá a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma de académico seralle entregado polo reitor da UDC, Xosé Luis Armesto.
Juan Ramón Vidal Romaní (1946, Tarragona) é catedrático de Xeodinámica Externa na UDC e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal desde 1986. O seu ámbito de traballo está centrado no Cuaternario de Galicia, nas rocas graníticas, nos niveis mariños, no glaciarismo, na xemorfoloxía e nos depósitos en ambientes graníticos. Ademais de en Galicia, Canarias e Madrid, traballou en Madagascar, Arxentina, Australia, Suecia e Portugal.

 
Publicou 100 libros e capítulos de libros, ademais de 37 mapas xeomorfolóxicos e máis de 150 traballos en revistas especializadas, nas que tamén exerce como revisor científico. É membro fundador da Asociación Española de Estudio del Cuaternario, vinculada á Sociedad Española de Geomorfología, na que ocupou os postos de presidente e vicepresidente entre 1994 e 1998.

 
Ademais do seu traballo académico e científico vén realizando un intenso labor de divulgación da xeoloxía na escola, en colaboración coa Asociación Española para el Estudio de Ciencias de la Tierra (AEPECT), e participa desde hai anos na organización do evento Geolodías.

 
O seu ingreso na RAGC débese ao recoñecemento internacional do traballo científico que vén realizando desde hai décadas nun campo de coñecemento de gran relevancia para Galicia, que ata o de agora presentaba un baleiro na Academia.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada