A obra ‘Perplexo’, de IlMaquinario Teatro, faise con cinco galardóns María Casares, incluíndo mellor dirección e espectáculo. ‘Ultranoite no país dos ananos’, de Chévere, faise con tres galardóns

Os premiados.

Os premiados.

Os XIX Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores. O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller esta noite unha cerimonia de entrega na que un total de 16 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Á gala, que se retransmite en diferido pola TVG, acudiron máis de 500 convidados, entre profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral. Todos eles asistiron a unha gala ideada e conducida pola compañía Elefante Elegante, que este ano propuxeron unha viaxe á multiculturalidade baixo un “ceo de mil bombillas” e co acompañamento musical do grupo Kibitka, formación multiinstrumental que se define a si mesma como unha caravana migratoria. María Torres e Gonçalo Guerreiro, de Elefante Elegante, codixiron a gala destes María Casares na que Vicente Montoto recibiu o premio de Honra Marisa Soto e o escritor Xurxo Borrazás leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios María Casares deste 2015. OS RESULTADOS:
Perplexo (IlMaquinario Teatro) 5 premios: mellor vestiario (Yaiza Pinillos), mellor iluminación (Tito Asorey e Germán Gundín), mellor adaptación-tradución (Catuxa Pato e Tito Asorey), mellor dirección (Tito Asorey), mellor espectáculo.
Ultranoite no país dos ananos (Chévere) 3 premios: mellor música orixinal (Xacobe Martínez Antelo),

mellor texto orixinal (Manuel Cortés), mellor actor secundario (César Goldi)

Kassa (Elefante Elegante) 1 premio: mellor escenografía (Carolo Losada Soto)

Pequenas certezas (Sarabela Teatro)1 premio: mellor maquillaxe (Raquel Fidalgo)

PAN! PAN! (A Panadaría)1 premiomellor actriz secundaria (Areta Bolado)

O feo (CatroCadeiras): 1 premiomellor actor protagonista (Machi Salgado)

Meu Ben (Eme2):1 Premiomellor actriz protagonista (Elina Luaces)

A casa do avó (Tanxarina): 1 Premiomellor espectáculo infantil

 

 ilmaquinario-recollendo-premio-ao-mellor-espectáculo.


ilmaquinario-recollendo-premio-ao-mellor-espectáculo.

DISCURSO DA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA (AAAG)

Victoria Pérez, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiciai (AAAG) foi a encargada de ler o discurso asinado pola Directiva da citada asociación durante a gala. Ao comezo da súa intervención, agradeceulles ás institucións e entidades que colaboraron na organización dos premios por seren“compañeiros de viaxe”. Deste xeito, Pérez agradeceulles ao apoio á Agadic, ao Concello da Coruña, a Fundación AISGE, a Fundación SGAE, ao Padroado de Cultura do Concello de Narón, GADISA e Superbock. Tampouco se esqueceu do persoal técnico do Teatro Rosalía Castro, da TVG e do Centro Dramático, nin das empresas EMSAC e Trevisani polo seu esforzo e traballo para a celebración da gala.

 

Acto seguido, Pérez deulle á benvida a todos “á festa do Teatro” e sinalou que “dende o amor ao teatro defendemos que as condicións do traballo sexan boas, que as emocións non teñan incomodos prescindibles”. O discurso lembrou que na actualidade a AAAG está a negociar o 2º Convenio de Teatro de Galicia e seguindo de preto a negociación do Convenio do Audiovisual. Nesa mesma liña, lembrouse que a AAAG vén de incorporarse a CONARTE, confederación que engloba ás asociacións de actores e actrices do estado español e lembrou unha vez máis a importancia dos convenios. “Porque queremos facer o noso traballo ben e en boas condicións. Queremos facer bos espectáculos e presentallos ao noso público como se merecen. Por iso a importancia do convenio, porque o seu cumprimento leal favorece a todo o mundo: a súa defensa é a defensa do noso traballo”, sinalouse no discurso. Neste sentido, a directiva da AAAG defendeu tamén unha das armas máis importantes que todos temos: “Dicir non”. “Dicir NON cando se pretenda que traballemos, non por debaixo do convenio, por debaixo do mínimo. Pódese dicir NON”, sentenciouse no discurso.

 

Por outra banda, na intervención tamén houbo espazo para as reinvidicacións. En primeira instancia, esixiuse un “trato axeitado por parte da TVG”. “Cremos na necesidade de que a retransmisicón desta gala non sexa a horas somnámbulas, porque a facemos para visibilizar o noso oficio como parte esencial da cultura”. O discurso tamén se referiu ás autoridades políticas. “Vimos dunha travesía con moito mar de fondo, cun conselleiro de Cultura e Educación que non só navegou en sentido contrario á cultura, senón que nos condenou á deriva”, sinalouse no discurso, que tamén convidaba ao novo conselleiro de Educación a que “se mergulle na Cultura, que viaxe con nós coa confianza que outorga saber da nosa valía como mariñeiros e mariñeiras experimentadas”. Finalmente, convidárono a pronunciar unha frase: “Creo na cultura deste país”.

 

A GALA

María Torres e Gonçalo Guerreiro, codirectores de Elefante Elegante, prepararonunha gala dos María Casares que supuxo “unha viaxe cara á multiculturalidade”. Precisamente, a idea de viaxe dende diferentes puntos de vista funcionou para a ambientación da gala. A cerimonia serviu, deste xeito, de “espello de vida dos actores”, que viviron durante moito tempo como viaxeiros forzados nunha época na que se movían polo mundo en troupe. Ese concepto, o de troupe, foi esencial no desenvolvemento da cerimonia que prepara Elefante Elegante, cuxo elenco estivo formado por Iria Pinheiro, Ángela Blanco, Pablo Sánchez e os propios María Torres e Gonçalo Guerreiro. Ademais, Suso Montero encargouse de idear a escenografía que confeccionaron Iluminaciones Santiaguesas e mais o Centro Dramático Galego.

 

Elefante elegante durante a gala dos María Casares.

Elefante elegante durante a gala dos María Casares.

Os Premios de Teatro María Casares están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia e son, dende o seu nacemento en 1997, a gran festa do teatro. Os galardóns contan co apoio de institucións e entidades que, coasúa implicación, poñen de manifesto a relevancia social da escena no país. A Consellería de Cultura e Educación -a través da Axencia Galega das Industrias Culturais-, o Concello da Coruña, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE patrocinan os premios, que contan coa colaboración tamén do Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Televisión de Galicia, o Centro Dramático Galego, Gadis, Superbock, Emsac e Trevisani.

 

GAÑADORES POR CATEGORÍAS

PREMIO ESPECTÁCULO COMPAÑÍA

1. MELLOR MAQUILLAXE
Raquel Fidalgo ‘Pequenas certezas’ Sarabela Teatro
2. MELLOR VESTIARIO
Yaiza Pinillos ‘Perplexo’ ilMaquinario Teatro

3. MELLOR ILUMINACIÓN
Tiso Asorey e Germán Gundín ‘Perplexo’ ilMaquinario Teatro

4. MELLOR MÚSICA ORIXINAL
Xacobe Martínez Antelo ‘Ultranoite no país dos ananos’ Chévere

5. MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN
Catuxa Pato e Tito Asorey ‘Perplexo’ ilMaquinario Teatro

6. MELLOR TEXTO ORIXINAL
Manuel Cortés ‘Ultranoite no país dos ananos’ Chévere

7. MELLOR ESCENOGRAFÍA
Carolo Losada Soto ‘Kassa’ Elefante Elegante

8. MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA
Areta Bolado ‘PAN! PAN!’ A Panadaría

9. MELLOR ACTOR SECUNDARIO
César Goldi ‘Ultranoite no país dos ananos’ Chévere

10. MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA
Elina Luaces ‘Meu ben’ Eme2 Producións

11. MELLOR ACTOR PROTAGONISTA
Machi Salgado ‘O Feo’ CatroCadeiras

12. MELLOR DIRECCIÓN
Tito Asorey Perplexo ilMaquinario Teatro

13. MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL
‘A CASA DO AVÓ’ Tanaxarina
14. MELLOR ESPECTÁCULO
‘Perplexo’ ilMaquinario Teatro

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada