Expourense promociona as súas citas vencelladas co sector primario e co turismo na 48ª Feira AGRO de Braga

O Secretario de Estado de Agricultura de Portugal, José Albuquerque, visitou o stand de Expourense.

O Secretario de Estado de Agricultura de Portugal, José Albuquerque, visitou o stand de Expourense.

A 48ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebra dende onte e ata o vindeiro domingo na localidade portuguesa de Braga, celebrou hoxe o Día Adicado a Galicia que contou cunha visita institucional integrada por representantes de Expourense, entre os que destacaba o presidente do seu comité executivo e presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, a directora adxunta de Exporuense, Emma González, o representante da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e o presidente de Hortoflor, Carlos Gómez Díez, medios de comunicación ourensáns e por distintas autoridades locais lusas entre as que destacou o Secretario de Estado de Agricultura de Portugal, José Albuquerque, o presidente de INVEST Braga, Carlos Oliveira e o director do Parque de Exposiçoes de Braga, Humberto Carlos. Trátase da edición número 48 desta feira, case cinco décadas décadas nas que esta cita desenvolve un relevante papel de promoción e divulgación dos produtos e que serve de punto de encontro das empresas agroalimentarias de todo Portugal recibindo máis de 100.000 visitas en catro días.
En virtude dos convenios de cooperación transfronteiriza que Expourense mantén con distintas entidades do Norte de Portugal entre as que se atopa o Parque de Exposiçoes de Braga onde se está a celebrar AGRO, o recinto feiral ourensán conta cun stand na Área Gourmet da feira dende o que está a promocionar as súas vindeiras citas vencelladas ó sector primario e ó turismo e nas que o mercado portugués xoga un importante papel. Ambas as dúas entidades colaboran para garantir a promoción dos seus recursos nos eventos organizados pola outra e que están vencellados co termalismo, o viño ou a gastronomía, potencialidades que comparten as dúas áreas da Eurorrexión.

O presidente de INVEST Braga, Carlos Oliveira, y la directiva visitaron el stand de Expourense.

O presidente de INVEST Braga, Carlos Oliveira, y la directiva visitaron el stand de Expourense.

As citas que Expourense está a promocionar en AGRO estes días son:

 

– VINIS TERRAE, VI Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade – 25 e 26 de maio de 2015.

– TERMATALIA, 15ª Feira Internacional de Turismo Termal – 24 a 26 de setembro de 2015.

– XANTAR, 17º Salón Galego de Turismo Gastronómico – 2 a 6 de marzo de 2016.

 

Para rematar o día adicado a Galicia, Expourense ofreceu unha degustación de produtos galegos de empresas colaboradoras como é o caso da Denominación de Orixe Monterrei ou Aceites Abril.

 

Entre as novidades desta 48ª edición de AGRO destaca a creación dun Área Gourmet con exposición de produtos como aceites, cervexas artesáns, queixos, viños ou doces que se ven sumar a trintena de sectores representados nesta cita e vencellados coa agrogandeiría e a alimentación.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada