Os balnearios galegos prevén unha ocupación media do 85% durante a Semana Santa

Fitur_toallasA Asociación de Balnearios de Galicia prevé unhas taxas de ocupación durante as vacacións de Semana Santa do 85%. Estímase ademais que estas cifras poderían chegar ao 100% en varios establecementos termais da comunidade. É o caso dos balnearios ourensáns do grupo Caldaria Termal (Arnoia, Laias -no concello de Cenlle- e Lobios); xunto cos pontevedreses de Mondariz e Isla de La Toja; e os coruñeses de Carballo e Compostela, situado na localidade de Brión.

 

A Asociación de Balnearios de Galicia valora “moi positivamente” estes datos de estimación da ocupación posto que superan nun 10% ás cifras do ano pasado, no que as previsións se situaban nun 75%. O xerente da Asociación, Benigno Amor, destaca a “estabilidade” de Galicia e das comunidades limítrofes como principais territorios emisores de termalistas grazas a unha “oferta variada, de calidade e ademais altamente competitiva”.

 

“Os balnearios galegos xa gozan dun prestixio, os os usuarios posúen un coñecemento cada vez mellor das súas ofertas e, ademais, existen programas terapéuticos cunha demanda crecente”. Nesta liña, salienta que os visitantes que optan por un balneario por motivos lúdicos pode aproveitar tamén para beneficiarse dos programas terapéuticos destinados a tratar doenzas crónicas como reuma, trastornos respiratorios ou problemas na pel, entre outros.

 

A Asociación está integrada por 19 balnearios das catro provincias

 

A Asociación está integrada por un total de 19 balnearios. Na provincia da Coruña atópanse o balneario de Carballo e o de Compostela (Brión). Na provincia de Lugo están o de Guitiriz e as Termas Romanas de Lugo. Na provincia de Ourense están representados os de Arnoia, Baños de Molgas, Laias (Cenlle), Lobios, O Carballiño e Caldas de Partovia (os dous no Carballiño) e Sousas (Verín). E na provincia de Pontevedra atópanse os de Acuña e Dávila (os dous en Caldas de Reis), Termas de Cuntis, Baños de Brea (Vila de Cruces), Caldelas de Tui, Hotel Balneario Isla de La Toja, Gran Hotel La Toja e o Balneario de Mondariz.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada