Tag Archive for 2ª Festa dos Viños Espumosos da DO Rías Baixas

Luz Lameiro, poetisa: “Si me siento muy ahogada, escribo y desahogo”

Luz Lameiro Eiró, en la 2ª Festa do Viño Espumoso, en Salvaterra de Miño.

Luz Lameiro Eiró, en la 2ª Festa do Viño Espumoso, en Salvaterra de Miño.

“Vivencias propias” es la temática de Luz Lameiro, poetisa que acaba de publicar ‘Sentimentos’.   La realidad es el motivo de inspiración de esta poetisa salvaterrense, de la parroquia de Leirado. ‘Sentimentos’ es su primer libro publicado que se ha vendido con éxito en la 2ª Festa do Viño Espumoso de DO Rías Baixas, la semana pasada.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Alejandro Paadín, campión embaixador do Champagne: “Os aromas terciarios só aparecen en crianzas máis lonxevas de espumosos”

Alejandro Paadín, campión embaixador do Champagne, na 2ª Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas, en Salvaterra.

Alejandro Paadín, campión embaixador do Champagne, na 2ª Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas, en Salvaterra.

Coñecémolo na 2ª Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas, en Salvaterra de Miño. Acompañado do seu pai, Luís Paadín, participou intensamente nas actividades paralelas da Festa. Entre as súas actividades, Paadín tiña que facer ‘degüelle’ ou sabrage (en francés) de botellas de espumosos cun sable. Deste xeito ábrese a botella sen quitar a rolla, cun golpe seco nun punto concreto onde a botella ten a soldadura do vidro e o sable é quen de rachar a parte superior.  A botella ten que estar fría e non ter sido movida para que rompa e non se perda viño. Alejandro fala con autoridade e cínguese as súas contestacións ás preguntas feitas.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1

Desatáronse as burbullas dos espumosos en Salvaterra

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un grupo de visitantes brinda no stand dunha das adegas nas covas de Dona Urraca.

Coa actuación da banda de gaitas A Pontenova, de  Salvaterra de Miño, comezou a 2ª edición da Festa dos Viños Espumosos da Denominación de Orixe Rías Baixas. O alcalde Arturo Grandal estaba acompañado do seu homólogo de Mondariz, Xoán Carlos Bugarín Montes ‘Calis’, así como do presidente da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, Antonio Alén, xunto coa tenente de alcalde, Marta Valcárcel e o concelleiro Micael Domínguez, entre outros. Tamén os expertos do mundo do viño, Pepe Beiro e  Luís Paadín co seu fillo Alejandro.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Luís Paadín: “O mellor escaparate para atopar un espumoso é a 2ª Festa do Viño Espumoso en Salvaterra de Miño”

Luis Paadín, experto en viños espumosos.

Luís Paadín, experto en viños espumosos.

Luís Paadin é, primeiro, un apaixonado dos viños espumosos , e logo un experto. Editor da ‘Guía de Vinos, Destilados y bodegas de Galicia’ da que está a piques de saír do prelo a cuarta edición. Nestes intres, presidente da Asociación Galega de catadores e a Asociación de Sumilleres de Galicia ‘Gallaecia’. Ademais, é Máster en Viticultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1

Paco Corral, chef de maridaxes na 2ª Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas, en Salvaterra: “As degustacións na Festa faranse con todos os medios e os mellores ingredientes coma nun restaurante”

Paco Corral, en la bodega de Veiramar.

Paco Corral, en la bodega de Veiramar.

Pertence a unha terra de tradición de cociñeiros, Soutomaior, Pontevedra. O seu pai embarcouno nun proxecto dun restaurante en Arcade. Hoxe rexenta o Veiramar, un restaurante marisquería, excelentemente situado –vindo de Vigo- na vella estrada a Pontevedra, a man esquerda, xusto antes da Ponte de Sampaio. Paco Corral ten un negocio florecente cunha boa carteira de clientes moi fidelizados. Agora este chef que admira a un grande da cociña española como é Martín Berasategui vai colaborar na segunda edición da Festa do Viño Espumoso da Denominación de Orixe Rías Baixas que se celebra en Salvaterra o sábado 5 e o domingo 6 de decembro.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada