Tag Archive for A Fonsagrada

O novo albergue da Fonsagrada nace para impulsar o Camiño Primitivo

Nos últimos 10 anos o número de peregrinos nesta ruta multiplicouse por catro, ata acadar os 12.100 o ano pasado

No tocante ao novo albergue, Feijóo subliñou que esta infraestrutura, que nace para impulsar o Camiño Primitivo, suporá un importante impulso para a localidade xa que recupera para a veciñanza a Casa Pasarín, un dos edificios máis emblemáticos desta vila; e porque estas novas instalacións permitirán aumentar a capacidade de acollida de peregrinos e, polo tanto, o seu atractivo turístico.

O presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á aposta pola mellora dos servizos do Camiño Primitivo como un exemplo do compromiso por diversificar os Camiños de Santiago e converter Galicia nun destino tranquilo, acolledor e aberto ao mundo. “Queremos que veñan turistas e que nos visiten, porque somos un pobo acolledor”, aseverou, recordando que se o pasado ano foi “o mellor ano histórico dos Camiños”, nos meses que van desde 2017, Galicia xa acolleu un 9% máis de peregrinos que en 2016. “Isto supón unha media de 1000 peregrinos ao día e significa, tamén, que este ano podemos volver a concretar un novo récord histórico de peregrinos”, engadiu.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada