Tag Archive for Axencia Galega da Industria Forestal

O DOG publica o Decreto de creación da Axencia Galega da Industria Forestal que impulsará a competitividade do sector

A nova entidade permitirá incrementar o valor dos produtos intermedio e final da cadea forestal, fomentar o mercado de calidade e impulsar a innovación tecnolóxica, así como mellorar a súa presencia en novos mercado.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos. O novo organismo, adscrito á Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten por obxectivo impulsar a actividade económica asociada ao sector forestal, coa mellora da competitividade e da innovación das empresas e coa coordinación dos centros de investigación en materia forestal.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada