Tag Archive for Bono Coidado

A Xunta de Galicia abre o prazo ás familias interesadas en acollerse ao programa do Bono Coidado

Trátase dun recurso de atención á infancia a domicilio para responder a situacións de enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar, entre outros supostos puntuais

Trátase dun recurso de atención á infancia a domicilio para responder a situacións de enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar, entre outros supostos puntuais

A Xunta de Galicia ten aberto desde este sábado o prazo para que as familias se podan acoller á segunda convocatoria do programa Bono Coidado e cuxos requisitos se poden consultar no Diario Oficial de Galicia (DOG) de onte. Trátase dunha axuda económica directa para colaborar no pago do importe de servizos de atención á infancia a domicilio por enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado polos membros da unidade familiar, ben sexa por enfermidade do coidador/a habitual ou por situacións puntuais de carácter laboral, entre outras posibles circunstancias ocasionais.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

O Bono Coidado a partir de agora chegará ata os 12 anos

Introducirá tres melloras máis: será accesible para persoas en situación de garda preadoptiva; incrementarase o número total de horas de coidado; e simplificarase o procedemento para xustificar a axuda

Feijoo

O presidente da Xunta visitou esta mañá a escola infantil Casa do Neno en Santiago de Compostela.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a ampliación do programa do Bono Coidado, de tal xeito que a partir de agora estará dirixido a familias con nenos menores de 12 anos. Un novo impulso a esta iniciativa, precisou, que sairá publicado no DOG este mesmo venres, día 10, polo que os pais poderán solicitar esta axuda xa a partir do sábado.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada