Tag Archive for Carlos Maside

O Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny acaban de publicar 'Maside. A presenza do ausente', un libro que reúne 190 retratos

María Esther Rodríguez Losada, biógrafa de Maside: “Para Carlos Maside era norma facer o retrato do natural”

“Incluíndo o mellor da intelectualidade portuguesa da época, ao tempo que tamén aparece reflectida parte da sociedade hispano-americana”

_DSC3491

Na presentación, en a Fundación Torrente Ballester, estivo o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde; e Belén Fortes, da editorial Guiverny; xunto a familiares e amigos do artista, así como as autoras dos catro textos introdutorios María Esther Rodríguez Losada, biógrafa de Maside; Aurora Marco, Mercedes Rozas e María Xosé Fernández Cerviño.

Carlos Maside é unha figura fundamental do movemento renovador da arte da primeira metade do século XX. A publicación Maside. A presenza do ausente reúne preto de 200 retratos realizados polo polifacético artista a lapis, pluma ou tinta sobre papel; entre os que se atopan os máis importantes contemporáneos galegos do pintor nos anos vinte e trinta do pasado século, ao tempo que tamén se recollen varios aurorretratos. Todo este material gráfico forma parte da colección familiar de Maside, agás os retratos de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, que pertencen á Fundación Luís Seoane.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Presentación de un libro con retratos de Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus

portada

Maside. A presenza do ausente, un libro que reúne 190 retratos realizados por Carlos Maside.

O Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny acaban de publicar Maside. A presenza do ausente, un libro que reúne 190 retratos realizados por Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus. Presentarase mañá mércores na Fundación Torrente Ballester, ás 19.30 horas.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada