Tag Archive for ‘Con-fío en Galicia’

A Xunta aborda no Gaiás a relación entre arte, a moda e o téxtil nas xornadas académicas da mostra ‘Con-fío en Galicia’

Guillermo Solana, director artístico do Thyssen-Bornemisza de Madrid, o fotógrafo Manuel Outumuro ou a deseñadora do vestiario de ‘Xogo de Tronos’, Arantza Vilas, abordarán a moda desde a perspectiva artística, económica e social

 unha colección de deseños baseada nunha reinterpretación libre e contemporánea de pezas históricas.

Unha colección de deseños baseada nunha reinterpretación libre e contemporánea de pezas históricas. ARQUIVO.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aborda no Gaiás a relación entre moda, arte e téxtil no marco das Xornadas Académicas da mostra ‘Con-fío en Galicia’. Será do 6 ao 9 de xuño no Museo Centro Gaiás e contará con personalidades de diferentes ámbitos como Guillermo Solana, director artístico do Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid; o recoñecido fotógrafo Manuel Outumuro, a directora do estudo londinense Pinaki Studios, Arantza Vilas; ou a CEO de Latitude, María Almazán.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta impulsa os valores emerxentes da moda galega abrindo a exposición do Gaiás ‘Con-fío en Galicia’ aos novos deseñadores saídos de Esdemga e a Mestre Mateo

Alumnos das dúas principais escolas de moda galegas presentarán unha colección de deseños baseada nunha reinterpretación libre e contemporánea de pezas históricas Latitude, nun proxecto para recuperación da memoria téxtil, reinterpretará o vestiario das avoas confeccionado a partir de tecidos sustentables e innovadores Paula Sobrino e Sheyla Pazos, premios Fin de Carreira en Esdemga, presentarán os seus deseños nun desfile durante o acto de inauguración,

Alumnos das dúas principais escolas de moda galegas presentarán unha colección de deseños baseada nunha reinterpretación libre e contemporánea de pezas históricas. Latitude, nun proxecto para recuperación da memoria téxtil, reinterpretará o vestiario das avoas confeccionado a partir de tecidos sustentables e innovadores.

A exposición ‘Con-fío en Galicia’ que, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, se inaugurará o vindeiro venres, porá o foco sobre os logros acadados polos grandes deseñadores e empresas do sector téxtil-moda e dará visibilidade aos novos deseñadores galegos procedentes de Esdemga da Universidade de Vigo e a EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, as dúas grandes escolas de moda de Galicia. Do mesmo xeito, a mostra permitirá dar a coñecer proxectos innovadores relacionados coa sustentabilidade e a produción de calidade, como o desenvolvido por Latitude ou as pezas de punto artesanal de Knitbrary.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A exposición ‘Con fío en Galicia’ valorizará as achegas dos grandes deseñadores

Eva Soto

Deseño de Eva Soto

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converterá a moda e o sector téxtil galego nos protagonistas da próxima gran exposición do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, nunha mostra que se inaugurará o 11 de marzo e que busca consolidar a ‘marca Galicia’ coa posta en valor das achegas dos grandes deseñadores galegos e os logros empresariais acadados por un sector estratéxico, constituído por 500 empresas, que dá emprego a 13.000 persoas e que representan o 11% da riqueza da comunidade.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada