Tag Archive for Hidroloxía médica

A Cátedra de Hidroloxía Médica forma cada ano a máis dun centenar de alumnos

 Expertos médicos salientan que o avellentamento da poboación, o incremento das enfermidades crónicas e o estrés fan que o termalismo teña cada vez máis aplicacións na medicina actual.

O doutor Juan Gestal Otero, director da Cátedra e decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago. Os expertos médicos salientan que o avellentamento da poboación, o incremento das enfermidades crónicas e o estrés fan que o termalismo teña cada vez máis aplicacións na medicina actual.

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia inicia un novo curso académico formando aos futuros facultativos na cura termal. A materia de hidroloxía médica comezou a impartirse na Universidade de Santiago no ano 2006, froito dun acordo coa Asociación de Balnearios de Galicia. Catro anos despois nacía, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a Cátedra de Hidroloxía Médica, a segunda que existía en toda España, e que forma cada ano a máis dun centenar de alumnos.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada