Tag Archive for IDIS

Os Premios de Investigación 2014 na súa vixésimo terceira edición distinguen dous traballos dos ámbitos da biomedicina e da física

Os galardoados cos Premios de Investigación 2014

Os galardoados cos Premios de Investigación 2014

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) entregou esta tarde os Premios de Investigación Ernesto Viéitez a científicos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) nun acto celebrado en Santiago de Compostela, ao que asistiu unha nutrida representación da comunidade científica galega, ademais dos reitores das tres universidades galegas, Juan Viaño, Salustiano Mato e Xosé Luis Armesto; e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Real Academia de Ciencias entrega o seu Premio de Investigación a unha revolucionaria terapia de células nai contra o ictus

castillo_sobrino_camposA sede da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en Santiago de Compostela, acolle mañá mércores 21 de xaneiro a entrega dos Premios de Investigación que a institución concede anualmente. O acto, que coincide coa apertura do curso académico, estará aberto ao público e celebrarase a partir das sete da tarde, coa presenza dos membros do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) responsables dos proxectos científicos galardoados.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada