Tag Archive for Lumes monte

A superficie ardida en Galicia no que vai de ano é case un 46% menor que a do pasado exercicio

A titular de Medio Rural destacou tamén que o número de lumes respecto á media dos últimos dez anos reduciuse un 21,5% no acumulado anual, mentres que a superficie baixou un 27,2%.

A titular de Medio Rural destacou tamén que o número de lumes respecto á media dos últimos dez anos reduciuse un 21,5% no acumulado anual, mentres que a superficie baixou un 27,2%.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, compareceu esta mañá no pleno do Parlamento galego para dar conta do modelo de prevención e extinción de incendios que está a levar a cabo o seu departamento. Alí destacou que a superficie ardida no que vai de ano en Galicia é case un 46% menos que a rexistrada o pasado exercicio por estas mesmas datas, salientando as condicións extremas deste ano que se caracterizaron por unha forte seca en toda a comunidade. A conselleira referiuse tamén aos datos no que vai de verán, no que a superficie ardida foi un 72,2% menor que en 2016 e un 32,8% inferior á do mesmo período de 2015.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Medio Rural destina 11,25 millóns de euros este ano á prevención de incendios forestais e valorizar o monte galego

A conselleira Ángeles Vázquez destacou estas cifras na súa visita ao monte veciñal en man común de Louro, en Muros, no que se están a realizar tratamentos silvícolas preventivos de roza e triturado de restos.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe o esforzo da Xunta en materia de prevención de incendios forestais e valorizar o monte. Así, indicou que só este ano o seu departamento dedica un total de 11,25 millóns de euros a esta finalidade.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada