Tag Archive for pizarra

O Plan Renove de Lousa mobiliza preto de 8 millóns contribuíndo á dinamización do sector e á eficiencia enerxética das vivendas galegas

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, participou hoxe na presentación da nova convocatoria do Plan Renove de Lousa 2016, activado un ano máis pola Consellería de Economía, Emprego e Industria na procura de seguir a desenvolver proxectos de renovación de cubertas e fachadas de edificios de vivendas con este material. Neste sentido, Bernardo Tahoces lembrou que a través deste Renove téñense impulsado 400 actuacións nos últimos 4 anos, que mobilizaron 8 millóns de euros contribuíndo á dinamización do sector e á eficiencia enerxética das vivendas galegas.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada