Tag Archive for RAGC

Álvarez Sousa ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

Alvarez_Soura1A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este martes no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Antonio Álvarez Sousa, catedrático no Departamento de Socioloxía da Universidade da Coruña (UDC), que se integra na Sección de Ciencias Sociais e Económicas. A súa continúa a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que en total entrarán catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

O catedrático de Análise Matemática Juan José Nieto Roig ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O profesor e investigador da USC inicia a rolda de incorporación de catro novos académicos este ano

Nieto RoigA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra esta tarde no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Juan José Nieto Roig, catedrático no Departamento de Análise Matemática da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se integra na Sección de Matemáticas e Física do Cosmos. A súa inicia a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que en total se integrarán catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Os Premios de Investigación 2014 na súa vixésimo terceira edición distinguen dous traballos dos ámbitos da biomedicina e da física

Os galardoados cos Premios de Investigación 2014

Os galardoados cos Premios de Investigación 2014

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) entregou esta tarde os Premios de Investigación Ernesto Viéitez a científicos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) nun acto celebrado en Santiago de Compostela, ao que asistiu unha nutrida representación da comunidade científica galega, ademais dos reitores das tres universidades galegas, Juan Viaño, Salustiano Mato e Xosé Luis Armesto; e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Real Academia de Ciencias entrega o seu Premio de Investigación a unha revolucionaria terapia de células nai contra o ictus

castillo_sobrino_camposA sede da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en Santiago de Compostela, acolle mañá mércores 21 de xaneiro a entrega dos Premios de Investigación que a institución concede anualmente. O acto, que coincide coa apertura do curso académico, estará aberto ao público e celebrarase a partir das sete da tarde, coa presenza dos membros do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) responsables dos proxectos científicos galardoados.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

O catedrático de medicina legal, Ángel Carracedo, membro da RAGC

CarracedoA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra esta tarde no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de Xenotipado do Instituto de Saúde Carlos III.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

María José Alonso, a segunda muller que ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra esta tarde no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso da catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María José Alonso. Logo da incorporación de Fernando Pérez e Alicia Estévez Toranzo, hoxe toma posesión a que será a segunda académica muller. Esta primeira rolda de novos membros logo de dez anos sen incorporacións pecharase con Ángel Carracedo antes de final de ano.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada