Tag Archive for Responsabilidade Social Empresarial (RSE)

A Xunta actualiza a ferramenta dixital que permite ás pemes galegas a xestión da Responsabilidade Social Empresarial Escoitar

ordenadorA Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de actualizar, cunha nova versión do software, a ferramenta dixital Xunta PRO-RSE, que permite ao tecido empresarial galego a xestión da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) de xeito gratuíto, facendo unha diagnose da situación da empresa para a posterior elaboración de memorias de responsabilidade social, xerando o informe de sustentabilidade necesario para realizar ditas memorias. A ferramenta permite, en definitiva, ás compañías a integración das variables da responsabilidade social empresarial na xestión do seu negocio dunha maneira sinxela e gráfica.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada