Tag Archive for USC

Educación e a USC poñen en marcha un curso para facilitar a formación pedagóxica dos docentes de FP

Trátase dun título que se ofertará por primeira vez nunha universidade galega

FP

O conselleiro e o reitor asinan un convenio de colaboración para impartir un curso de especialización co que se lle dá cobertura ás persoas que, pola súa titulación, non poden acceder ao máster de profesorado.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño, veñen de asinar un convenio de colaboración para poñer en marcha na propia USC o curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de formación profesional. Trátase dun título, que se ofertará por primeira vez nunha universidade galega, que ten por obxecto facilitar a certificación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de Formación Profesional, dando así cobertura ás persoas que, pola súa titulación, non poden acceder ao máster de profesorado.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1

O legado de Isla Couto chega á capital de Galicia cunha exposición

A facultade de Filosofía da USC acolle ata o próximo 21 de outubro a mostra ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’, que subliña a traxectoria do académico, profesor e economista

Isla Couto1

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e dous profesores da USC.

A exposición ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’ chega a Santiago de Compostela para difundir e poñer en valor a traxectoria dun “home que se comprometeu firmemente co proxecto común de construír Galicia e que integrou esa vontade na súa maneira de vivir”. Así o asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a apertura da mostra, á que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e que tivo lugar na sede da facultade de Filosofía da USC, onde se pode visitar ata o próximo 21 de outubro.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada