Tag Archive for Vigo

O Plan de transporte metropolitano de Vigo beneficiará aos veciños con descontos de ata o 50% nos seus desprazamentos interurbanos

Plan transporte metropolitano VigoO Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves o convenio de colaboración que permitirá a posta en marcha do Plan de transporte metropolitano da área de Vigo, que incorpora inicialmente doce concellos da área. Con este novo paso, o Goberno galego e os rexedores municipais dos concellos de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior poderán asinar nas vindeiras semanas este documento no que se recollen as obrigas e deberes de cada administración.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada