Tag Archive for XX Premios María Casares

Un musical festivo celebrará o vixésimo aniversario dos premios María Casares

O grupo Chévere conducirá a gala que se celebrará este mércores 30 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña

Xesús Ron,  director teatral, na rolda de prensa celebrada esta mañá no Concello da Coruña, na que participaron tamén o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande, e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Vicente Mohedano.

“A gala será un musical que servirá de exposición festiva dos motivos polos cales debemos sentirnos orgullosos do teatro que se fai en Galicia. Tamén homenaxearemos ao longo da noite ás Irmandades da fala, que neste 2016 celebran o seu centenario; os vinte anos de premios María Casares e por suposto, o vixésimo aniversario do pasamento da propia actriz”. Con estas palabras, o director Xesús Ron resumiu esta mañá as claves dos XX Premios de Teatro María Casares, cuxa gala se celebrará este mércores 30 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña e que será conducida polo grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro en 2014.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Montse Dopico lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro na gala dos XX Premios María Casares

A xornalista subirá ao escenario no transcorrer da gala preparada por Chévere para os galardóns do teatro o próximo 30 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña

Dopico, quen ofrecerá un manifesto crítico que cuestiona a actitude e o labor das  actuais institucións, considera ademais que “o teatro, ao igual que o xornalismo, precisa de crítica e tamén de autocrítica”

A xornalista Montse Dopico será a encargada  de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro durante a cerimonia dos XX Premios María Casares. Deste xeito, Dopico subirá o próximo mércores 30 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto, tal e como en edicións anteriores fixeron o crítico Camilo Franco, o historiador Ramón Villares –presidente do Consello da Cultura Galega-, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín -ex presidente da Real Academia Galega- ou o poeta Cesáreo Sánchez -presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG)-.  O último en encargarse de ler o Manifesto foi o escritor Xurxo Borrazás.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada