Na Igrexa da Madalena de Ribadavia, do 19 de xuño ao 29 de xullo de 2018, coincidindo coa 34ª MIT, Tránsito pola escenografía española

A MIT de Ribadavia tamén toma o pulso á actualidade da plástica escénica española

Unha charla explicará cómo a escenografía foi adquirindo nos últimos sete anos un papel destacado dentro da escena contemporánea española 20 de xullo, ás 21 horas

IMG_4920-logo

De i. a d.: José Luis Raymond, comisario de la exposición; Ignacio Gómez, alcalde de Ribadavia; María y el director de la MIT, Roberto Pascual.

“A escenografía adquiriu nos últimos cinco anos un papel destacado dentro da escena contemporánea española. A busca de novas formas para contar historias levou aos escenógrafos españoles a investigar e desenvolver solucións plásticas que apoien o seu pensamento creativo. As súas propostas son un bo reflexo da evolución artística que vive hoxe o noso país”, afirma o comisario de Tránsito pola escenografía española, José Luis Raymond, nun folleto introductorio á exposición.

A exposición promovida por Acción Cultural Española (AC/E), Tránsito pola escenografía española contemporánea, pode verse agora, tras o seu paso pola Cuadrienal de Praga, na Igrexa da Madalena, en horario de martes a sábado, de 10h a 14h e de 18h a 21.30h e todos os días da semana durante o festival, que ten lugar do 14 ao 22 de xullo de 2018.

Pretende dar a coñecer a actualidade da plástica escénica española a través de máis de setecentos espectáculos estreados nos últimos sete anos no noso país. A exposición enmárcase nunha serie de actividades (charlas, conferencias e coloquios) programadas dentro da 34ª edición da MIT (Mostra Internacional de Teatro) de Ribadavia.

José Luís Raymond é o comisario desta exposición que, presentada nun atractivo formato visual e escenográfico, mostra os traballos máis importantes realizados por creadores españois nos últimos sete anos.

Tránsito pola escenografía española contemporánea estrutúrase en oito módulos temáticos deseñados polo equipo de arquitectos Zuloark. En cada un deles analízase un concepto concreto relativo á creación escenográfica recente. Cada módulo ten integrado unha montaxe de vídeo e son ambiente. Algunhas imaxes exhibidas na montaxe forman parte do catálogo -SOS, SPAIN in stage-  editado pola AAPEE, Asociación de Artistas Plásticos Escénicos de España, a cal recolle traballos de vestuaristas, iluminadores, videoartistas, etc…

José Luis Raymond participará o 20 de xullo ás 21 h. dentro da MIT, nunha charla titulada ‘Tránsito pola escenografía española’ para explicar cómo a escenografía foi adquirindo nos últimos ‘sete anos un papel destacado dentro da escena contemporánea española e como a búsqueda de novas formas para contar historias levou aos escenógrafos españois a investigar e desenvolver solucións plásticas que apoien o seu pensamento creativo. As súas propostas son un bo reflexo da evolución artística que vive hoxe España. En palabras do comisario, “A sociedade está viva, cambia continuamente. A escenografía, como elemento de comunicación e expresión artística, non é allea a estes cambios. Nese sentido, o papel desenvolvido polos centros de ensinanzas artísticas está a ser primordial na formación das novas xeracións de escenógrafos/as españois”.

José Luis Raymond (Portugalete, País Vasco, 1954)

Escenógrafo, director de escena, pintor, fotógrafo e creador de videoinstalacións e investigador da plástica teatral, do corpo e os obxectos. É actualmente profesor de Espazo Escénico na Real Escuela Superior de arte Dramático (RESAD) en Madrid e foi o Comisario Xeral do Pavillón de España na Cuadrienal de Praga de Escenografía 2015.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada