Fogueira, sardiñas, pan de millo e viño para celebrar o san Xoán en Salvaterra

san-juan

Fogueira doutro ano no recinto amurallado de Salvaterra de Miño.

Os salvaterrense teñen a oportunidade de compartir a noite de San Xoán, na noite do sábado para o domingo a partir das 22.00 horas, entre veciños na tradicional sardiñada e fogueira que organiza o Concello no recinto amurallado do Castelo. Non faltarán sardiñas, pan de millo e viño ao prezo de 2 euros.

sardiñada

Aspecto dos veciños que se achegaron o recinto amurallado noutra edición para celebrar o san Xoán.

Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar.

A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.

Galicia conta cunha forte tradición en todo o país onde se mesturan antigos ritos ao lume, á auga e á natureza con xantares populares, salientando as celebración e as cacharelas. En Europa salientan as celebracións nos países nórdicos, nas illas británicas, na Península Ibérica e Francia, con rituais semellantes aos galegos: fogueiras, xantares populares, rituais con herbas e auga.

En España salientan as celebracións en Cataluña e o País Valenciano; préndense importantes fogueiras en Alacant, declaradas de Interese Turístico Internacional. Aquí, nesta cidade, considéranse auténticas obras de arte. Son creadas durante meses por construtores e artistas que empregan materiais tan variados como cartón, madeira, papel, pintura, entre outros, para que poidan arder facilmente.

sardiñada2

A tenente de alcalde, Marta Valcárcel, e o concelleiro Ernesto Groba, despachando as viandas noutra edición.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1