Co obxectivo de previr e loitar contra os incendios forestais

O depósito de auga de Crecente incrementa en un 40 % a capacidade media dos depósitos anteriores xa construídos

A nivel provincial, creáronse este ano 21 novos puntos de auga

A Consellería de Medio Rural construíu dous novos puntos de auga para helicópteros no Distrito XVII, un neste concello e outro en Salvaterra, o que permitirá incrementar ata un 40% a capacidade media dos depósitos anteriores xa construídos.

A Consellería de Medio Rural construíu dous novos puntos de auga para helicópteros no Distrito XVII, un neste concello e outro en Salvaterra, o que permitirá incrementar ata un 40% a capacidade media dos depósitos anteriores xa construídos.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o novo punto de auga executado na comunidade de montes de Filgueira en Crecente grazas a colaboración económica da Consellería de Medio Rural co obxectivo de previr e loitar contra os incendios forestais.

Na visita, Cores Tourís estivo acompañado do alcalde do concello de Crecente, Julio César García-Luengo, así como do presidente da comunidade de montes, Félix Álvarez.

Deste xeito, no Distrito XVII instaláronse no presente ano dous punto de auga para helicópteros de alta capacidade, un neste concello e outro en Salvaterra de Miño, así como outros dous de carga para camión motobomba nas Neves. Ademais, reparáronse tres puntos de auga de helicóptero, un na Cañiza e 2 en Ponteareas. En total, estas obras tiveron un investimento de algo máis de 173.500 euros, dos cales algo máis de 63.733 foron destinados ao punto de auga de Filgueira, unha comunidade de montes que conta con 1.097 hectáreas.

O delegado territorial recordou que Crecente é un concello con vocación forestal declarado como Zona de Alto Risco de Incendios Forestais. Este municipio conta con 2.916 hectáreas de monte comunal e 12 comunidades de montes. “No ano 2017 a Xunta de Galicia analizou as infraestruturas preventivas da rede de defensa contra os incendios forestais do Distrito forestal XVII territorialmente”, explicou Cores Tourís, “e deste xeito, mediante o análises dos histórico de lumes de anos anteriores, e o puntos críticos de inicio do lume e a distribución espacial dos puntos de auga existentes, determináronse as novas infraestruturas preventivas tanto de helicóptero como de vehículo motobomba tecendo una rede de defensa. De feito, a nivel provincial, creáronse este ano 21 novos puntos de auga”.

Nesta busca da eficiencia da distribución, determinouse a construción destes dous novos puntos de auga para helicópteros no Distrito XVII, unha área que conta cunha superficie forestal de 52.032 hectáreas, das que 30.916 corresponden a monte comunal. Cada construción dispón dunha rampla para anfibios e dun bebedoiro de formigón para o gando que pastorea pola zona así como á fauna silvestre, compatibilizando o uso múltiple de monte comunal.

O punto de auga de Filgueira conta con 492,60 m3 de formigón, cun diámetro interior de 14 metros e 3,20 metros de altura. Este tipo de construción, permite incrementar un 40 % a capacidade media dos depósitos anteriores xa construídos. “Esta rede fai que as carencias das de descargas das aeronaves sexa cando 5 minutos sobre un área de 3,3 Km minimizando o recorrido dos lumes”, matizou o delegado territorial.

“Estas obras e traballos de limpeza, determinan as normas técnicas das redes de defensa contra os incendios forestais dos distritos, permitindo dispoñer dun modelo estable para os novos tempos da loita contra os incendios forestais”, explicou José Manuel Cores Tourís, quen agradeceu a comunidade de montes de Filgueira a dispoñibilidade e a cesión do terreos para poder facilitar a súa construción.

O delegado territorial valorou positivamente estas accións “xa que son fundamentais para a posta en valor do monte, así como a construción e mantemento das infraestruturas preventivas de defensa. Con estas accións trátase de acadar unha densidade óptima de infraestruturas forestais, mellorar os tempos de reacción mediante unha rede de puntos de auga que posibiliten un acceso rápido e seguro á extinción do lume, capitalizar o monte e facilitar a súa activación económica e o seu uso social por parte dos veciños do rural”.

José Manuel Cores Tourís, aproveitou esta visita para facer un chamamento á implicación da cidadanía. “Queremos recordar que a próxima semana declárase a época de máximo risco de incendio forestal que estará activa ata o 30 de setembro. É vital que entre todos coidemos dos nosos montes, polo que quero recordar a cidadanía que dispoñen do teléfono 085 para chamar en canto detecten calquera conato de lume”, rematou o delegado territorial.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada